Free Porn
xbporn
Home A Coruña Fene inicia este venres o seu XIV Concurso de Tapas

Fene inicia este venres o seu XIV Concurso de Tapas

- Anuncio -

As tapas poderanse probar na fin de semana do 24 ao 26 de maio, e na do 31 de maio ao 2 de xuño

As persoas participantes poderán gañar unha viaxe a destinos seleccionados que inclúe billetes de avión e dúas noites de hotel

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, presentaron esta mañá o XIV Concurso de Tapas que comeza este venres, e no que nove establecementos compiten nas categorías de Tapa Tradicional e Tapa Creativa.

Durante o anuncio, as representantes municipais deron conta da mecánica do certame, así como da composición do xurado profesional, que estará formado por unha persoa en representación do Concello de Fene, outra da Asociación de Empresarios de Hostalería Ferrol e Comarcas e unha terceira do Departamento de Hostalería e Turismo do IES Fraga do Eume.

“Estas tres persoas serán as encargadas de probar todas as tapas do concurso para outorgar os premios da Tapa Creativa e Tapa Tradicional, valorando aspectos como os ingredientes, a elaboración, a creatividade, o sabor, a presentación e o concepto”, apuntou a concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira.

A veciñanza e visitantes que participen no Concurso de Tapas tamén poderá participar co seu voto a través do pasaporte “Fenerruta”. Esta votación popular outorgará os premios Tapa Popular Creativa e Tapa Popular Tradicional.

Durante a presentación, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, destacou que “O Concurso de Tapas pon en valor o traballo que desempeña a diario a hostalería local, en aras de mellorar e de ofrecer ao público creacións capaces de sorprender”. Avanzou tamén que “Quen se achegue a Fene estas dúas fins de semana quedará asombrado polas propostas que entran no concurso, que demostran a capacidade do sector fenés”, concluíu.

Coira e Trigo tamén tiveron palabras de agradecemento aos establecementos participantes, e ás empresas que colaboradoras desta edición, que contribúen con diferentes premios.

Cada tapa terá un prezo de 1,50 €. Poderán degustarse nas próximas dúas fins de semana, comezando este venres, en horario de 20 a 22 horas. O sábado, o horario será de 13 a 15h e de 20 a 22h, e os domingos de 13 a 15h.

Premios para a clientela e establecementos

Entre todas as persoas votantes que selen correctamente o Pasaporte FENERRUTA sortearase unha viaxe para dúas persoas a Milán, Sevilla, Alacante, Gran Canaria ou Valencia, cortesía de Estrella Galicia, que inclúe avión, aloxamento e seguro de viaxe. Tamén unha limpeza da tapizaría dun vehículo, cortesía de Ecolimpauto.

Ademais, entre todas as tarxetas cumprimentadas pola clientela nos propios establecementos, sortearase un obsequio (cortesía de Electro Agro Fene); tres estoxos de produtos de Bodegas Barral (cortesía de Bodegas Barral); un mes de clase en calquera modalidade na Escola de Música Bellón-Maceiras (cortesía da propia Escola) e tres libros de cociña (cortesía da Imprenta San Esteban).

En canto aos establecementos, os primeiros premios das categorías Tapa Creativa e Tapa Tradicional recibirán, ademais dos trofeos conmemorativos, un Cofre VIP “2 días románticos” (cortesía de Organiza Viajes e de Arlo Viajes, respectivamente). No caso dos premios do público, os primeiros premios da Tapa Popular Creativa e Tapa Popular Tradicional recibirán un trofeo e un kit de empratado e decoración, cortesía de Establecimientos Aguilar. Os establecementos que queden en segundo lugar recibirán un trofeo.

Tapas a concurso

Na categoría de Tapa Tradicional participarán tres establecementos, O Son de Cociña coa súa proposta “O sol da cociña”, a Cafetería Bombay cos seus “Crepês de peixe e marisco” e o CCRD Perlío co “Montadiño ao tío Pepe”.

Competindo na categoría de Tapa Creativa estarán Arrecendo, con “Arrecendo a mar”; Bar A Ponte con “Tres continentes”; Galicuba coa “Delicia cubana”; Cafetería Lembranza con “Ruliña!”, o CMIU de Fene coa “Bolsa de Ouro” e o Pachamama co “Tartar de Langostinos”.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas