Home A Coruña Goretti Sanmartín avanza os retos do Concello de Santiago para este curso...

Goretti Sanmartín avanza os retos do Concello de Santiago para este curso baixo a premisa “Compostela, orgullosa de si”

- Anuncio -

A rexedora anuncia a convocatoria este outono dun Pleno extraordinario sobre o estado do municipio para continuar traballando na transparencia.

Goretti Sanmartín anunciou os tres retos do Concello de Santiago na rolda de prensa de inicio de curso que se desenvolveu hoxe no Pazo de Raxoi. Baixo a premisa “Compostela, orgullosa de si”, a alcaldesa de Santiago recalcou que o obxectivo do Goberno é “seguir coidando o que temos, melloralo no posible e asentando o futuro en bases sólidas para garantir a sustentabilidade e a equidade social”.

Na rolda, a alcaldesa destacou que os tres retos marcados “non son só un desexo de futuro, reflicten o noso compromiso político”. Os retos escollidos abordan diversas materias. No primeiro, “unha mellor Compostela onde vivir”, seguiranse afrontando temas relativos ao acceso á vivenda, á mobilidade, á sustentabilidade, ao mantemento e mellora de equipamentos e ao espazo público. No segundo, “continuar xerando oportunidades para o desenvolvemento económico”, seguirase a incidir na creación dun nodo loxístico, na garantía da sustentabilidade dos servizos, no apoio a un tecido económico existente e ao emprendemento, e nos soportes ao ecosistema cultural e científico. No terceiro, “que a veciñanza sexa o centro das políticas municipais”, continuarase traballando na cobertura e calidade dos servizos, na convivencia, actividades, igualdade, memoria, diversidade, patrimonio cultural e na mellora da Administración.

Sanmartín aclarou que debaixo de cada reto hai “proxectos concretos que se están desenvolvendo e que se van desenvolver”. Entre eles, mencionou a creación dunha empresa pública de vivenda, o estudo para a declaración dunha zona de mercado tensionado, o proxecto integral de reforma do Estadio de San Lázaro ou a intervención do Campo de Fútbol das Cancelas, entre outras.

Para acadar o obxectivo proposto, a alcaldesa solicitou o diálogo e a colaboración das demais administracións. Sanmartín incidiu en que a “vontade e o empeño” do Goberno municipal é “máis que clara” e que esperan poder seguir atopando apoio para avanzar nos proxectos estratéxicos.

Finalmente, a rexedora asegurou que ningún reto será realizable “sen unha cidadanía informada e participando activamente, un obxectivo co que este goberno está plenamente comprometido”. Nesta liña, Sanmartín lembrou a posta en marcha dos consellos de participación cidadá e anunciou a convocatoria este outono dun Pleno extraordinario sobre o estado do municipio para continuar traballando na transparencia.

Relacionadas

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Ponteceso dedicará todo o POS Adicional 2025 a financiar o Servizo de Axuda no...

0
 A iniciativa foi apoiada por todos os grupos que forman a corporación municipal a excepción de APIN, que optou pola abstención sen argumentar...

Os veciños de Bergondo xa contan co calendario “Bergondo en Feminino”, que homenaxea a...

0
· A iniciativa combina fotografías, biografías e ilustracións de lugares emblemáticos asociados ás homenaxeadas. O Concello de Bergondo anuncia que o calendario "Bergondo en Feminino"...

Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA renovan o seu convenio para dinamizar e...

0
A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA asinaron a renovación anual do seu convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a actividade empresarial...

Incendiados catro colectores en Aguiño, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse...

Publicacións Relacionadas