Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia de Castrelo do Concello de Vimianzo.
O equipo desprazado procedeu á extinción do incendio, que se produciu na sala de secado de chourizos e que tamén afectou ao baixo tellado da metade do edificio. Ademais, tamén arderon varios paneis solares do tellado.
Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Vimianzo.