HomeA CoruñaIncendio no pazo de Faramello, no Concello de Rois

Incendio no pazo de Faramello, no Concello de Rois

- Anuncio -spot_img

A primeira hora desta mañá, o parque provincial de Boiro interveu na extinción dun incendio declarado no interior do Pazo de Faramello, no Concello de Rois.

O lume afectou por completo unha das habitacións do inmoble e o resto do edificio resultou afectado polo fume. Debido á magnitude do incidente, mobilizouse tamén o Parque de Ribeira, aínda que a súa intervención foi anulada cando xa se atopaba en camiño.

Na operación contouse coa colaboración do GES de Padrón e da Garda Civil.

Publicacións Relacionadas