Os bombeiros de Boiro foron alertados ás 16:04 horas dun incendio nunha vivenda deshabitada no lugar da Boliña, no concello de Boiro. Ás 16:10 horas, tamén foron mobilizados os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Ribeira para colaborar nas tarefas de extinción.
O operativo traballou conxuntamente para sufocar o lume e garantir a seguridade da contorna. Unha vez finalizada a intervención, os efectivos regresaron ao parque sen incidencias.