HomeA CoruñaA CoruñaInés Rey convoca as administracións implicadas para abordaren de forma integral a...

Inés Rey convoca as administracións implicadas para abordaren de forma integral a situación do Porto

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa chama a Xunta, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, Deputación, ADIF e ao Ministerio de Transportes a reunírense o vindeiro 23 de febreiro co fin de acadaren conxuntamente unha solución cara ao futuro do Porto Exterior e dos terreos portuarios urbanos

A alcaldesa, Inés Rey, convoca para o vindeiro 23 de febreiro o Goberno autonómico, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, Deputación, ADIF e Ministerio de Transportes para abordaren de forma conxunta a situación do Porto e buscaren solucións de cara ao futuro de Punta Langosteira e dos terreos urbanos que pertencen a esta infraestrutura.
A rexedora sinala que esta reunión con todos os órganos competentes é vital polas circunstancias económicas en que se atopa o Porto da Coruña. Respecto á débeda, o
Concello seguirá reclamando escenarios financeiros para lle dar unha saída xa que en 2021
está previsto que se incrementen as amortizacións e os ingresos non serán suficientes ao se
reducir o tráfico un 20%.
Rey afirma que “as diferentes administracións implicadas debemos realizar unha posta en
común para debatermos entre todas as posibles opcións e constituírmonos nunha entidade
pública co obxectivo de xestionar os terreos do porto interior destinados á desafectación”.
O Goberno local pretende resolver os problemas actuais de mobilidade aliviando o tráfico da
avenida do Porto a outras vías practicamente en desuso como a interior do Porto que vai
desde a praza de Ourense a Entrexardíns. Neste aspecto, a idea é crear novos espazos
públicos na contorna e apostar por unha sustentabilidade tanto ambiental, en todas as
intervencións que se realicen nos terreos portuarios, como social, nas actividades produtivas e non produtivas localizadas alí.
Necesítase por tanto un novo convenio “froito do consenso entre os membros da Entidade
Pública de Xestión”, insiste a alcaldesa, que sinala que “temos un proxecto de cidade
baseado nas necesidades de futuro e na mellora das condicións de vida da veciñanza a curto, medio e longo prazo”.
Rey afirma que o novo ente debe abordar cuestións importantes como a titularidade pública
dos terreos e a súa xestión e explotación por parte das diferentes administracións. “É preciso un futuro convenio que se deberá facer sobre a base da titularidade pública dos terreos e a xestión destes por parte do conxunto das administracións implicadas”.

Publicacións Relacionadas