Home A Coruña Inés Rey destaca a colaboración interadministrativa como modelo para impulsar “iniciativas do...

Inés Rey destaca a colaboración interadministrativa como modelo para impulsar “iniciativas do calado de Punta Langosteira”

- Anuncio -

A alcaldesa da Coruña participou esta mañá na visita ás obras da conexión ferroviaria co porto exterior, que avanzan agora co cale do túnel 1 e a voladura da excavación na boca do lado de Vío 

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor hoxe os avances que están a experimentar as obras de construción da conexión ferroviaria co porto exterior de Punta Langosteira, que hoxe chegaron a paso clave: o cale do túnel 1 e a última voadura da escavación, na boca situada no lado de Vío. 

Rey, que acompañou o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na posta en marcha desta intervención, subliñou a importancia da colaboración interadministrativa “para que iniciativas do calado de Punta Langosteira sexan unha realidade”, e apuntou ao “diálogo construtivo” como o camiño que cómpre seguir para dar novos pasos en cuestións fundamentais para A Coruña e a súa área metropolitana en termos de melloras da mobilidade, transporte e loxística. 

Neste sentido, a rexedora destacou que esta filosofía foi a que permitiu que xa estean en marcha iniciativas como as obras de ampliación e remodelación de Alfonso Molina, o avance dos traballos de construción da nova estación intermodal, o asentamento das bases para renovar a fachada marítima da Coruña ou rubricar o saneamento da ría do Burgo, entre outras. 

“Todas estas cuestións son fundamentais para modernizar a cidade, interconectala adecuadamente cos concellos próximos e propiciar unha dinamización económica que, por exemplo, xa é palpable en Punta Langosteira coa chegada de empresas e o pulo a sectores de futuro como as enerxías renovables”, incidiu Rey.

O proxecto da Cuarta Rolda, en fase de redacción 

No acto desta mañá en Vío, a alcaldesa tamén agradeceu a disposición e implicación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para avanzar na consecución do proxecto da Cuarta Rolda, actualmente en fase de redacción. Tal e como se informou a mediados de decembro, na visita do director xeral de Carreteras del Estado, Juan Pedro Fernández Palomino, na redacción xa se inclúe que o trazado final da Cuarta Rolda atenda as necesidades futuras da cidade en termos de transporte, loxística e mobilidade, incorporando a conectividade cos polígonos empresariais da Coruña, recollendo as achegas de Agrela, Pocomaco e Vío para contribuír ao seu desenvolvemento.

Relacionadas

Neda contará cunha axuda provincial de 40.000 euros para activar o seu programa de...

0
O Concello de Neda reeditará ao longo do 2025, coa colaboración da Deputación da Coruña, o seu programa de integración laboral. O obxectivo da...

Aberto ata o 26 de marzo o prazo para participar no XXVII Certame Fotográfico...

0
Repartiranse máis de 3.000 euros en premios agrupados en catro categorías Cartaz Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís 2025A Concellaría de Cultura abre até o 26...

O espectáculo de ‘Bian Lian’, da Ópera de Sichuan, chega á Coruña da man...

0
· Trátase dunha arte dramática moi popular e tradicional en China que consiste en que os intérpretes cambian a unha velocidade de vertixe unha...

Dúas novas xornadas enmarcadas no Programa Acelera Pyme para impulsar a protección legal e...

0
• A primeira xornada, “Medidas legais para protexer o meu negocio en internet” será o 11 de febreiro, a partir das 10:00 horas • A...

O PP de Culleredo denuncia a falta de investimento en saneamento para o rural

0
∙ Os populares esixen “que se actúe dunha vez por todas, o rural merece respostas e solucións xa”. ∙ A líder popular, Izaskun García, sentenza:...

Miño, sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16

0
O Campo Municipal de Gallamonde acollerá encontros crave do torneo nacional de fútbol basee. O Concello de Miño anuncia que o municipio será unha das...

Publicacións Relacionadas