Free Porn
xbporn
Home A Coruña Laxe aproba o seu orzamento de 2024 que ascende a máis de...

Laxe aproba o seu orzamento de 2024 que ascende a máis de 3 millóns de euros

- Anuncio -

• O importe de ingresos sitúase en 3.158.140,16, máis de 120.00 euros que o de gastos que se fixa en 3.036.241,27 euros.

• O goberno local da resposta a un dos seus grandes eixos de traballo coa modificación da ordenanza reguladora da taxa de expedición de documentos administrativos, incorporando novas tarifas non recollidas na anterior ordenanza.

• No pleno tamén se aprobou o pagamento de facturas correspondentes ao SAF nos meses de abril e maio por un importe de 62.384,67 euros.

O Concello de Laxe aprobou na sesión de pleno ordinario do mes de xullo o orzamento municipal para o ano 2024, o cal ascende a máis de tres millóns de euros.

O orzamento de ingresos está fixado en 3.158.140,16 euros, procedendo a meirande parte da contía, 2.878.073,51 euros, a operacións correntes e ingresos. Neste eido, a recadación en impostos directos é de 838.868,52, mentres que 60.000 euros procederon de ingresos indirectos. En taxas, prezos públicos e ingresos percíbense 530.670,101 euros e no apartado de ingresos patrimoniais serán 2.646,53 euros.

Os ingresos por transferencias de capital, sumado á enaxenación de inversións, é de 277.061,65 euros, mentres que as operacións financeiras supoñen unha recadación de 3.005 euros.

No capítulo de gastos, fíxase un orzamento total de 3.036.241,27 euros, dos cales 2.754,969,25 euros se destinarán a operacións correntes unha previsión de 1.065.980,09 en gastos de persoal; 1.573.994,16 en gastos correntes en bens e servizos; 39.395,00 a transferencias correntes; e 70.000 para fondo de continxencia e outros imprevistos.

O gasto en operacións de capital é de 278.267,02 euros e en operacións financeiras de 3.005,00 euros.

O balance deste ano amosa un incremento con respecto aos últimos orzamentos municipais, correspondentes ao exercicio de 2022, tanto no apartado de gastos, fixado en 2.841.052,06 euros, como no de ingresos, mesma contía que os gastos.

No pleno tamén foi aprobada a proposta da alcaldía para o recoñecemento e pagamento de facturas por un importe de 62.384, 67 euros correspondentes coa prestación do servizo da axuda no fogar nos meses de abril e maio por parte da empresa concesionaria deste servizo.

Outra das aprobacións executadas na sesión plenaria implica a modificación da ordenanza fiscal número cinco, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, dando resposta aos cambios nos procedementos.

A normativa anterior levaba 19 anos sen ser actualizada polo que coa aprobación deste punto, o goberno local da resposta a un dos grandes eixos de traballo. A través desta medida equilibrase a aportación tributaria en función das necesidades do momento, permitindo axilizar trámites incorporando puntos non recollidos na anterior ordenanza.

Outro dos puntos aprobados na sesión plenaria foi a fixación da retribución a Viaqua, empresa concesionaria do servizo da auga, para o exercicio de 2024, cunha contía de 0,834849 €/m3.

No referente ás mocións presentadas, rexeitouse a proposta formulada polo grupo Unidas Podemos para a posta en funcionamento do punto de atención infantil municipal no vindeiro curso, 2024-2025. O rexeitamento desta medida foi xustificado polo alcalde, Francisco Charlín, pola imposibilidade de cumprir cos prazos propostos, polo que o rexedor indicou que “sendo conscientes da importancia deste servizo e logo do reaxuste tributario derivado da modificación das taxas buscaremos garantir o PAI sempre da mellor maneira, sendo capaces de asumir e ofrecer dito servizo nas mellores condicións”.

O Concello de Laxe aprobou tamén como asunto de urxencia a súa adhesión ao parque arqueolóxico do megalitismo na Costa da Morte.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas