Home A Coruña Laxe xa conta coa súa pista de pádel e o seu parque...

Laxe xa conta coa súa pista de pádel e o seu parque biosaudable para uso e desfrute da veciñanza

- Anuncio -

• Francisco Charlín, alcalde do municipio, e Roberto García, da Secretaría Xeral para o Deporte, inauguraron esta mañá as instalacións

• O rexedor destacou que esta actuación “aumenta a oferta de actividades na zona deportiva na zona”

O Concello de Laxe xa conta coa súa pista de pádel e o seu bioparque na zona de Cabo da Area. Francisco Charlín, alcalde do municipio, Begoña Gegúndez, concelleira de Deportes, membros da corporación municipal e Roberto García, pertencente á Secretaría Xeral para o Deporte, inauguraron esta mañá as instalacións.

Trátase dunha pista normalizada para a práctica de pádel, de 20 metros de longo e 10 metros de ancho de superficie. O terreo de xogo está formado por céspede artificial e descansa sobre unha lousa de formigón poroso. O espazo está rodeado cun peche metálico e de vidro temperado para cumprir cos requisitos e reglas establecidas para a práctica desta modalidade deportiva.

No orzamento da actuación, que ascende a 48.395,93 euros, inclúese tamén o alumeado da pista, que conta con catro proxectores LED de 200 W instalados sobre posters metálicos galvanizados.

No resto da zona colocáronse diferentes máquinas deportivas para a realización de exercicios físicos. O espazo inclúe unha bicicleta, unha elíptica, un temón/volante, un banco para abdominais, entre outros aparatos para realizar todo tipo de actividades.

O rexedor destacou que esta actuación “aumenta a oferta de actividades na zona deportiva xa existente no propio núcleo urbano cunha das disciplinas que está máis de moda na actualidade como é o pádel”.

Charlín incidiu en que “para o noso equipo de goberno é unha prioridade fomentar a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables entre a nosa veciñanza, polo que durante o noso mandato iremos reforzando as instalacións para que o acceso ao deporte sexa cada vez máis sinxelo no noso municipio”.


Solicitude de uso

As persoas interesadas en gozar do seu uso poderano solicitar a partir do día de hoxe, 19 de abril, na Casa do Concello.

Durante o primeiro mes o servizo será completamente de balde e estableceranse quendas de uso dunha hora e media de duración. Todas as persoas menores interesadas en facer uso do mesmo deberán solicitalo acompañadas dunha maior de idade.

Relacionadas

Reepertura da biblioteca

0
A empresa adxudicataria das obras da Casa da Cultura concluía esta mesma tarde os traballos de retirada do tellado de uralita con amianto deste...

O Concello de San Sadurniño aproba por unanimidade o reparto do POS+ Adicional 01/2025

0
Tal e como estaba previsto, o pleno extraordinario e urxente convocado para esta tarde en San Sadurniño foi breve, xa que abondaron menos de...

Reforzo na seguridade no parque infantil Castelao de Aguiño coa instalación dunha nova varanda

0
O Concello de Ribeira continúa cos labores de renovación e mantemento dos parques infantís en tódalas parroquias do municipio.No día de hoxe rematouse a...

O Concello de Carballo mantén no 2025 os prezos públicos dos espectáculos que se...

0
A Xunta de Goberno Local aprobo este luns os prezos públicos dos espectáculos organizados polo Concello de Carballo no Pazo da Cultura ao longo...

Volven a Carballo os puntos de información sobre o colector marrón

0
O xoves 16 retómanse as accións informativas a pé de rúa Desde o Concello de Carballo queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos...

O Concello aproba o POS + Adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios

0
• A previsión municipal no actual exercicio é de 38.455 euros, que serán destinados a reforzar o departamento de Servizos Sociais e sufragar gastos...

Publicacións Relacionadas