Limpeza de estrada por unha mancha de aceite na rúa Díaz de Rábago, na parroquia de Caramecheiro, no concello da Pobra do Caramiñal

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira realizaron esta madrugada labores de limpeza dunha mancha de aceite no cruzamento entre as rúas Díaz de Rábago e Fernández Varela, na parroquia de Caramecheiro, no concello da Pobra do Caramiñal.

Foi Protección Civil da Pobra do Caramiñal quen deu o aviso ás 00:50 horas, indicando que se producira unha mancha de aceite hidráulico tras a avaría dunha furgoneta. Os bombeiros procederon á retirada da mesma aplicando desengrasante e abundante auga.

Protección Civil participou regulando o tráfico.

Comparte este artigo