test
Home A Coruña Lolo Mosteiro e Paula Martínez elaboran un modelo de “Menú Stelar” con...

Lolo Mosteiro e Paula Martínez elaboran un modelo de “Menú Stelar” con produto de proximidade e de temporada para implantar nos locais da Rede Stelar do Camiño Inglés

- Anuncio -

As instalacións do restaurante A Artesa da Moza Crecha (Betanzos) acolleron a derradeira sesión do “Curso de formación en Restauración”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña para os establecementos da Rede Stelar que dan servizo de comida aos peregrinos. Unha formación impartida por Lolo Mosteiro e Paula Martínez, membros da Rede Stelar, e cuxo restaurante foi distinguido recentemente co Premio Nacional de Gastronomía “Plato de Oro 2022” e co “Touch Blanche 2022”.

Paula Martínez explica que “nesta sesión práctica elaboramos un modelo de Menú Stelar con produto de proximidade e produto de temporada, que se implantará proximamente nos locais integrados na Rede Stelar”. Neste caso, a proposta estaba composta por unha crema bicolor de cabaza e remolacha con crocante de serrano de Porco Celta como entrante. Un primeiro de pescada do Celeiro a baixa temperatura con carbonara de nabiza e touciño de Porco Celta con cebola glaseada. Un segundo prato de carrillera de vaca rubia galega con cremoso de pataca e nabo e chucrut de repolo de Betanzos. Como sobremesa, tarta de queixo e requeixo Cagiao con mel e noces.

A creación deste “Menú Stelar” foi precisamente unha das razóns que motivaron a creación da Rede Stelar, trinta establecementos turísticos que apostan pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino no Camiño Inglés. Unha proposta culinaria que poña en valor os recursos gastronómicos dos municipios do Camiño Inglés e utilice produtos quilómetro cero, para apoiar aos produtores locais, e de temporada, para así reducir a pegada de carbono e apostar pola sustentabilidade.

Non se trata da elaboración dun “Menú do día”, senón de ofrecer o mellor da nosa gastronomía a uns prezos de mercado, como ben tomaron nota a quincena de persoas asistentes á sesión. Unha formación práctica que se suma á recibida nas dúas semanas anteriores en materia de marketing, planificación de estratexias, xestión de cociñas, deseño de pratos e “Cociña do Camiño”, nas que aprenderon a importancia do produto local e da calidade como elementos diferenciadores.

Rede Stelar

A Rede Stelar é un proxecto promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña, para conformar unha rede de establecementos turísticos en cada un dos municipios polos que pasa esta ruta Xacobea. Uns locais que deben apostar pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino, para o que deben cumprir unha serie de requisitos relacionados coa sustentabilidade, o emprego de produtos agroalimentarios e pesqueiros quilómetro cero, a calidade no servizo… Nesta primeira fase participan 30 establecementos do sector da restauración e o aloxamento, se ben dende a Asociación traballan co obxectivo de abrir a Rede Stelar a outro tipo de empresas: ocio e tempo libre, turismo náutico, artesanía, produtores locais…

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés está constituída por dezaseis municipios polos que transcorre esta ruta xacobea: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Relacionadas

A avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos xa é unha realidade

0
· Sandra Insua descubriu hoxe a nova placa, despois de que se aprobara nun pleno extraordinario a proposta do goberno local. · A rexedora destacou...

Ponteceso iza as súas treis bandeiras azuis nas praias de Balarés, Ermida e Osmo

0
Esta mañá foron izáronse no Concello de Ponteceso as bandeiras azuis correspondentes ás praias de Balarés, Ermida e Osmo.   No acto celebrado en Balarés participaron...

O Grupo Municipal Socialista insta á Xunta a paralizar as obras da senda ciclista...

0
Logo dun encontro coa asociación veciñal de Conxo Aberto aseguran que, logo de comezar as obras, “está demostrando que é unha actuación agresiva que...

Donaya Market abre as súas portas na Coruña

0
● A súa oferta gastronómica, enfocada na cociña asiática, aúna tapas e ramén. ● O local sitúase no centro da cidade na rúa San Andrés...

Un ano de caos e desgoberno en Culleredo: un ano tirado ao lixo

0
A falta de vontade de traballo evidénciase na deficiente prestación de servizos e na absoluta desatención das necesidades veciñais. O goberno municipal segue sen presentar...

Choque frontal na estrada AC-416 á altura do cruce da rúa Olveiras, en Carballo

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados ás 01:39 da madrugada de onte dun accidente de tráfico na estrada AC-418 á...

Publicacións Relacionadas