Home A Coruña Maxia e panxoliñas no arranque do Nadal en Fene

Maxia e panxoliñas no arranque do Nadal en Fene

- Anuncio -

As actividades de Nadal que organiza a Concellería de Cultura trasládanse esta fin de semana ás sociedades do Concello. O local da AVV de Magalofes acolle este venres, ás 20 horas, o espectáculo de maxia Magic Mateo Show e nas instalacións do CMI Unidade de Fene celebrarase o sábado, ás 20 horas, o XXII Festival de Panxoliñas Concello de Fene. Tamén se anuncia para este venres, ás 17 horas, na Casa da Cultura o Festival de Nadal das Escolas Municipais de Música, coa participación do alumnado das actividades de solfexo, piano e guitarra. A entrada en todos os casos será libre e de balde até completar o aforo. A continuación detállanse as tres actividades previstas para esta fin de semana.

Venres, 20 de decembro de 2024


FESTIVAL DE NADAL DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA

Salón de Actos da Casa da Cultura ás 17.00 horas

Dirixida a tódolos públicos

Entrada de balde con aforo limitado

Concerto de Nadal dos/as alumnos e alumnas da Escola Municipal de solfexo, piano e guitarra..

MAGIC MATEO – “MAGIC MATEO SHOW”

Local Social da AVV San Xurxo de Magalofes ás 20.00 horas

Dirixido a tódolos públicos

Entrada de balde con aforo limitado

Colabora: AVV San Xurxo de Magalofes

Patrocinado polo programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“Magic Mateo Show” é un espectáculo de maxia familiar que busca tocar todas as ramas da arte do ilusionismo. Mestura maxia, humor e participación do público. Un espectáculo para gozar en familia e pasar momentos cheos de ilusión da man dun dos ilusionistas máis novos do panorama máxico galego.

Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=CBd-hbQ6QWo

Sábado, 21 de Decembro de 2024


XXII FESTIVAL DE PANXOLIÑAS – CONCELLO DE FENE

Local social CMI Unidade de Fene

Dirixido a tódolos públicos.

Entrada de balde.

Colabora: CMI Unidade de Fene

Participan:

· Coral Polifónica Agarimo de Sillobre

Na noite máis fermosa

Mariñeiro

Boliños do Pote

Fisterra

· Coral Polifónica O Pote de Maniños

Adeste fideles

Noite de amor

Navidad

Gloria al Señor

· Rondalla Estrelecer

Do ceo baixou un anxo

Que pobre é o neno

Bicos e paz

O noso Nadal

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas