Free Porn
xbporn
Home A Coruña Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana...

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato de España de Surf Open

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá na fonte dos surfistas o Campionato de España de Surf Open 2024, un evento que se celebrará do venres ao domingo na enseada do Orzán, principalmente na contorna da praia do Matadoiro, e que leva o nome de ‘A Coruña King and Queen of the Bay’.
“Se hai unha cidade galega que poida acoller esta proba, esa é A Coruña, pois estamos ligada ao océano Atlántico que baña esta enseada do Orzán”, sinalou Inés Rey. Tamén estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

Acompañaron á alcaldesa o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. A rexedora agradeceu a colaboración das diferentes institucións na organización desta competición. “Non só teremos un campionato de primeiro nivel, ao que poderán asistir como espectadores todos os coruñeses e coruñesas, senón tamén unha gran festa do surf con numerosas actividades paralelas, que van desde concertos, gastronomía e comercio a charlas e actividades de concienciación ambiental”, celebrou a alcaldesa.

Durante tres días de competición os e as participantes loitarán polo título de campión e campioa de España 2024. Ademais, o ou a deportista que durante a fin de semana surfee a mellor onda levará un premio co nome de Tito Fariña, en homenaxe ao pioneiro surfista coruñés falecido hai catro anos. Ademais, o evento contará con diferentes propostas de ocio e gastronomía para complementar a actividade deportiva. Haberá concertos, zona gastronómica e comercial e diferentes actividades que se irán desvelando nas vindeiras semanas.

O evento dividirase en tres zonas: a fonte dos surfistas, onde estará a parte deportiva do evento; o paseo marítimo, entre a fonte dos surfistas e a Finca dos Mariño, onde se situarán as diferentes propostas gastronómicas e comerciais; e a propia Finca dos Mariño, onde se celebrarán as actuacións musicais. Entre as actividades paralelas previstas haberá charlas sobre a historia do surf en Galicia e sobre o surf adaptado, recollida de lixo nas praias, clases de skate e bautismo de surf para persoas con diversidade funcional e outros obradoiros.

Está prevista a participación de medio cento de deportistas de primeiro nivel nacional (32 homes e 16 mulleres), sendo a delegación máis numerosa a de Galicia con 11 persoas. Tamén participarán oito deportistas de Canarias, 12 do País Vasco e 10 de Cantabria e sete de Asturias. Destaca a presenza do deportista olímpico Andy Criere, principal favorito na categoría masculina xunto a Yago Domínguez (País Vasco) e Luis Díaz (Canarias). Na proba feminina destacan as canarias Lucía Machado e Sol Borelli e a asturiana Enara Palacios. Haberá premios de 800, 500, 300 e 125 euros aos primeiros catro clasificados de cada categoría. Ademais, o trofeo Tito Fariña terá un premio económico de 500 euros.
A asistencia a todas as actividades e eventos será gratuíta. A competición deportiva está financiada polo Plan de Sostibilidade Turística A Coruña Sostible e Dixital, cuxas actuacións son financiadas a partes iguais pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello.
Programación completa
Venres 18
● 8.00 – Apertura das acreditacións
● 9.00 – Inicio do Campionato de España Open
● 11.00 – Apertura da zona comercial
● 14.00 – Fin da competición
● 19.00 – Inicio dos concertos: Hoy, Fuah e Press the Walkie.
Sábado 19
● 9.30 – Inicio do Campionato de España Open
● 10.00 – Inclusurf Fundación María José Jove e Fundación La Caixa

● 11.00 – Apertura da zona comercial
● 11.30 – Incluskate Fundación María José Jove e Fundación La Caixa

● 14.30 – Fin da competición
● 16.00 – Charla de Dani Souto, na fonte dos surfistas
● 17.00 – Charla de presentación ‘Otro mar, libros del océano’ e convidados, na fonte dos surfistas
● 18.00 – Inicio dos concertos: Braian de Palma, Los Mecánicos, Terbutalina e DJ Caste.
● 22.30 – Rumba is Good ‘Rider of the Night’
Domingo 20
● 10.00 – Inicio do Campionato de España Open
● 11.00 – Limpeza de praia con WE
● 11.00 – Apertura da zona comercial
● 12.00 – Mural sostible con WE
● 13.00 – Taller de reparación de neoprenos con La Rampa Garage

● 15.00 – Fin da competición
● 16.00 – Entrega de premios e Trofeo Tito Fariña

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Partido Popular de Oleiros: “En 2027, non só reverteremos a subida xeral de impostos...

0
Considera que non hai xustificación algunha a unha subida xeral salvo tapar o buraco do sobrecusto do Auditorio-Mausoleo de Bastiagueiro. Para o Partido Popular non...

Publicacións Relacionadas