A Sala Gervasio Sar acollerá este domingo 4 de xaneiro unha tarde festiva coa actuación de Claudia Zurita e degustación de roscón para o público asistente
O Concello de Muxía organiza este domingo 4 de xaneiro unha nova actividade para continuar celebrando as festas do Nadal co tradicional Baile de Reis, que terá lugar na Sala Gervasio Sar a partir das 19:00 horas.
A xornada contará coa actuación musical de Claudia Zurita, que será a encargada de poñer ritmo e animación a unha tarde pensada para o desfrute da veciñanza e visitantes, mantendo vivas as tradicións propias destas datas.
Como complemento á actividade, o Concello ofrecerá a degustación do roscón de Reis máis grande da Costa da Morte, unha iniciativa que busca fomentar a convivencia, a participación cidadá e o ambiente festivo, nun evento aberto a todos os públicos.
Desde o Concello de Muxía anímase á cidadanía a participar nesta proposta, pensada para compartir en familia e pechar as celebracións do Nadal cunha cita musical e gastronómica.



