Home A Coruña Nadal tecnolóxico no Cemit para todos/as

Nadal tecnolóxico no Cemit para todos/as

- Anuncio -

Francisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Novas Tecnoloxías presentou os cursos do Nadal da aula Cemit de Ribeira que este ano quere poñer o foco nos adultos para ensinar as ferramentas para desenvolverse ca tecnoloxía nos viaxes e tamén comezar con ferramentas básicas deseño gráfico. Por outra banda baixo o título “Nadal Tecnolóxico”xa para os máis mozos/as haberá cursos de manexo de drons, impresión en 3D, edición de vídeo e realidade virtual.

Cursos de decembro para adultos

Do Luns día 2 ao Xoves día 5 (4 días), de 10:00 a 11:30 h. (6 horas en total) – “Aprende a usar a tecnoloxía para sacarlle partido ás túas viaxes” – Curso orientado a persoas xubiladas. O obxectivo é que aprendan a xestionar as súas viaxes de maneira suficiente e independente:
· Buscar e reservar medios de transporte: avión, tren, autobuses… · Google Maps: saber chegar sen problema e coñecendo as mellores rutas a onde queiran cando estean de viaxe: museos, teatros…, así como saber medir a distancia e o tempo que lles leva chegar de un lugar a outro.
· Uso do tradutor, tanto escrito como de voz.
· Configuración e axustes da wifi ou o uso dos seus datos.
· Google Lens: usos infinitos e moi útiles dese servizo gratuíto de Google. · WhatsApp: enviar fotos, vídeos á familia; facer videochamadas, enviar unha ubicación.
· Axustes da cámara de fotos e da cámara de vídeo: resolución, flash, facer fotos panorámicas.
· Coñeceremos a web do Imserso para informarnos tódalas ofertas, prazos de inscrición, e tódolos servizos que ofrece.

Do Martes día 10 ao Xoves día 12 (3 días), de 10:00 a 11:30 h. (4 horas e media en total) “Taller de deseño de tarxetas de Nadal” para o concurso “Cartel Cabalgata Adultos”. Utilizaremos a ferramenta CANVA para aprender a facer os nosos deseños desde cero, e tamén a utilizar e modificar ó noso xeito as plantillas xa deseñadas que nos ofrece o programa.

O obxectivo é que se animen a participar nun concurso pensado para adultos, co fin de deseñar un cartel para a Cabalgata de Reis 2025, tendo como premio que o traballo seleccionado saia exposto en folletos e carteis este Nadal. O luns 23 elixirase o deseño gañador.

Nadal tecnolóxico

Do Luns 23 de Decembro ao Venres 03 de Xaneiro
(agás os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro)
De 09:30 a 11:00 h. – Nenos de 7 a 10 anos
9 horas en total: 6 horas (4 días) de “Manexo de drons”, e 3 horas (2 días) de “Impresión 3D”
Luns, 23 – “Manexo de Drons” (Na Aula CeMIT) – Coñeceremos os drons: guía inicial de coñecemento e uso para aprender sobre os coidados e o manexo con seguridade. Xoves 26 e Venres 27 – “Manexo de Drons” (Na Fieiteira) – Prácticas con drons en circuítos moi divertidos nunha ampla sala do Polideportivo A Fieiteira. Luns 30 – “Exhibición do manexo de drons” (Na Fieiteira), para que poidan vir os familiares dos nenos apuntados ao curso e ver os coñecementos adquiridos sobre pilotaxe de drons.
Xoves 2 e Venres 3 de Xaneiro – “Impresión 3D” – O curso introducirá ós nenos en conceptos básicos da impresión 3D, adquirindo os coñecementos básicos para descargar deseños de librerías online e preparalos mediante software para a súa impresión.
Luns 23 – De 11:00 a 13:00 h. (2 horas en total) – Xornada de portas abertas no Auditorio de Ribeira para que rapaces de entre 10 a 15 anos coñezan o funcionamento das gafas 3D da Aula CeMIT e se achegen na aventura da realidade virtual. Animaranse a axudar a Papá Noel a repartir regalos? Ou a montar nunha montaña rusa?
Xoves 26 de Decembro ao Venres 03 de Xaneiro
(agás os días 31 de decembro e 1 de xaneiro)
De 12:00 a 13:30 h. – Rapaces de 11 a 15 anos (7 horas e media en total)
Xoves 26, Venres 27 e Luns 30 –“Edición de vídeo con Powtoon” (4 horas e media en total) Powtoon é unha ferramenta para facer presentacións e vídeos animados de forma divertida e intuitiva pero con resultados profesionais, nas que se pode engadir debuxos, imaxes, sons, vídeos e texto. É moi útil para captar a atención do público e para desenrolar a explicación dalgún concepto.
Xoves 2 e Venres 3 de Xaneiro–“Realidade virtual – Gafas 3D” (3 horas en total) Taller deseñado para que os rapaces de entre 11 e 15 anos se adentren no mundo da realidade virtual e coñezan o funcionamento das Gafas 3D das que dispón o centro. O obxectivo é que experimenten emocións e sensacións novas e saiban que non só poden utilizalas para divertirse, senón tamén para aprender: ver vídeos, viaxar e coñecer sitios, asistir a concertos, facer deporte, coidar dunha mascota virtual, aprender idiomas… Tamén tocaremos o tema da Intelixencia Artificial, amosándolle as mellores apps e usos educativos e demais usos intelixentes e positivos.

Suarez-Puerta recordou que tódolos cursos e obradoiros son de balde e tamén indicou que os cursos que se están presentando son os máis demandados pola veciñanza.

Inscricións:
Teléfono: 981 87 60 43
Correo: cemit.ribeira@xunta.gal
Web: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira

Relacionadas

Comezan as obras de acondicionamento da AC-543 ao seu paso polo Concello de Brión

0
Os traballos iniciáronse no tramo entre a rúa Inxerido e a rotonda dos Ánxeles, onde durante o mes de decembro se reducirá a circulación...

O “Mercado da luz” trasládase este sábado ao CSC Maruxa e Coralia polos traballos...

0
O “Mercado da Luz” de troco e compra-venda de artigos usados celebrará a súa edición deste mes de novembro o próximo sábado 30 de...

O concello licita o servizo de  asesoría xurídica do Centro de Información as Mulleres

0
A atención aos usuarios do CIM continuará sendo os luns pola mañá e os xoves pola tarde. O Concello sacou hoxe a licitación o contrato...

Alimentos e produtos de hixiene persoal doados pola veciñanza larachesa chegaron hoxe a Valencia

0
O transporte foi a cargo da Fundación Mencer. No día de hoxe sete palés de alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron...

A ampliación do instituto IES A Pastoriza de Arteixo estará lista o vindeiro curso...

0
— A Xunta inviste máis de 2M€ nesta obra que comezará nas próximas semanas e suporá a construción de 1.500m² e 10 novas aulas —...

Fene homenaxea este sábado aos mellores deportistas da tempada 2023-24

0
“Reunir ás persoas e entidades do deporte fenés ao redor dun día de festa no que salientar o labor de quen contribúen a desenvolver...

Publicacións Relacionadas