HomeA CoruñaNaturgy comunica ao Concello de Oleiros que se efectuarán cortes de luz...

Naturgy comunica ao Concello de Oleiros que se efectuarán cortes de luz en diversas rúas do municipio do 4 ao 6 de xuño

- Anuncio -spot_img

Durante as madrugadas dos días 4, 5 e 6 de xuño produciranse unha serie de cortes de luz programados pola empresa Naturgy para efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica ademais de atender nas mellores condicións ás necesidades de subministración das zonas respectivas.

O 4 de xuño efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:

– De 00:00 a 04:30h; rúa Marcial del Adalid (Liáns)

O 5 de xuño efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:

– De 00:00 a 02:30h; rúas Ánade Real e Cormorán (O Seixo)
– De 02:30 a 04:30h; rúa Graxal (O Seixo)
– De 04:30 a 07:00h; rúas Paraíso, Sauces e avda. As Mariñas (O Seixo)

O 6 de xuño efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:

– De 00:00 a 02:30h; rúa Beiramar (Perillo)
– De 02:30 a 04:30h; rúa Rafael Alberti, avda. Santa Cristina e avda. Che Guevara (Perillo)
– De 04:30 a 07:00h; rúa Xesteira e avda. As Mariñas (Perillo)

Desde o Concello de Oleiros agradécese a colaboración da veciñanza e rogamos que desculpen as molestias ocasionadas. Para calquera dúbida ao respecto poderanse poñer en contacto coa empresa Naturgy no teléfono 900 333 999.

Publicacións Relacionadas