Home A Coruña Neda acolle o próximo mércores unha charla para achegar os servizos en...

Neda acolle o próximo mércores unha charla para achegar os servizos en liña da Administración xeral do Estado

- Anuncio -

Na sesión, impulsada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, poderase obter o certificado dixital máis útil sen ter que desprazarse

Neda acollerá o mércores 4 de decembro, a partir das 11 horas, na Casa das palmeiras, unha nova charla informativa do programa “La Administración cerca de ti”, que impulsa o Ministerio de Política Territorial, para informar sobre os servizos en liña que ofrece a Administración xeral do Estado e resolver dúbidas sobre os más habituais. Ademais, a iniciativa busca facilitar á veciñanza a obtención de medios de identificación e firma electrónica que permitan acceder aos servizos públicos sen ter que desprazarse.

Funcionarios da Subdelegación do Goberno na Coruña serán os encargados de impartir esta charla na que se abordarán as múltiples posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica, prestando especial atención a aqueles trámites e xestións que resultan máis frecuentes. O obxectivo último é propiciar un mellor aproveitamento da Administración por parte dos veciños, e contribuír a combater a fenda dixital.

Así, unha vez finalizada a parte divulgativa, ofrecerase ás persoas asistentes a posibilidade de obter, sen necesidade de achegarse para acreditar a identidade ás oficinas da Seguridade Social ou da Axencia Tributaria, o certificado electrónico que expide a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, que permite realizar trámites sen saír da casa con calquera administración pública. Cómpre, iso si, que leven o DNI, e que dispoñan de correo electrónico.

Relacionadas

A oficial da Policía Local Silvia Castro Rodríguez recibe a Medalla de Ouro da...

0
A profesional, no corpo desde 1992, recibe este distintivo nacional pola súa dedicación cos máis pequenos e colectivos vulnerables. A oficial da Policía Local da...

Galardoados do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez Ribeira, 27 de...

0
Hoxe no Día dos Mestres celebrouse o acto de entrega dos galardoados do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez na honra...

Ortigueira lanza o Concurso de Escaparatismo do Nadal para dinamizar o comercio local

0
• Os escaparates participantes deberán estar decorados desde o 16 de decembro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2025. • Outorgaranse dous premios...

O BNG de Oleiros preguntará no pleno ao Concello polo custo de substituír os...

0
Co gallo das obras de Santa Cristina o Concello quere eliminar os contentores soterrados porque “os cidadáns son totalmente irrespectuosos con ese tipo de...

Máis de vinte artesáns e artistas participarán no Mercado da Ilusión, que abrirá a...

0
A apertura do mercado coincidirá co acendido do alumeado festivo O Concello de Carballo está preparando unha programación de Nadal moi ampla, tanto pola súa...

Abegondo acolleu clausúraa do taller de emprego dual Reserva de Biosfera: Emprego Verde III

0
• O evento contou coa participación do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, xunto ao conselleiro de Emprego, José González, a delegada da Xunta,...

Publicacións Relacionadas