Free Porn
xbporn
Home A Coruña Neda amplía os fondos para impulsar as actividades culturais e deportivas de...

Neda amplía os fondos para impulsar as actividades culturais e deportivas de entidades sen fin de lucro

- Anuncio -

Aberta a convocatoria para solicitar as axudas municipais

O Concello de Neda abre hoxe o prazo para solicitar as axudas municipais dirixidas entidades, asociacións, ou agrupacións veciñais da localidade para a promoción de actividades culturais e deportivas,. A liña de subvencións competitivas, amplía este ano o seu orzamento ata alcanzar os 16.000 euros, reforzándose así o apoio ao labor das entidades sen fin de lucro para o financiamento de iniciativas desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano.

Segundo detallan as bases da convocatoria, serán subvencionables actividades culturais tales como exposicións, publicacións, celebracións, conferencias, homenaxes, concursos, certames, mostras, excursións culturais, eventos musicais, estudios e “en xeral, calquera actividade de conservación, promoción e divulgación dos valores culturais”. Primaranse as iniciativas dirixidas especificamente a maiores e as destinadas á mocidade, así como as acciones informativas, e as organizadas conxuntamente con outras asociacións.

O goberno local aumenta nun 66 % a partida para axudas culturais, que pasa de 6.000 a 10.000 euros, mantendo o importe máximo a conceder por solicitude en 1.500 euros.
En paralelo, poderán optar ás subvencións os clubs deportivos e as persoas físicas que promovan o fomento de actividades físico-deportivas ao longo do 2024. Primarase no reparto de fondos (6.000 euros) aos clubs que organicen actividades de carácter permanente, aos que teñan máis dun equipo en competición e aos que conten con máis fichas.

As iniciativas susceptibles de subvención deben desenvolverse preferentemente dentro de Neda ou, no caso de efectuarse fóra, “deberán tratarse de actividades que suplan ou complementen ás atribuídas ao Concello”.

Tras a publicación onte do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia, ábrese o prazo para pedir as axudas ata o vindeiro 24 de outubro. Terase que presentar a solicitude, acompañada da pertinente documentación, no rexistro xeral municipal.

Relacionadas

Accidente de tráfico no comezo da estrada AC-404, a altura do cruce entre a...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba participaron ao redor das 11:30 horas desta mañá nun operativo causado por un accidente frontal entre...

Éxito de convocatoria na IX xornada da iniciativa “Especie do ano na Reserva de...

0
● Dedicada ao corvo mariño moñudo, gulosus aristotelis, celebrouse co aforo completo. ● Desde as 9:30 da mañá, persoas expertas que traballan coa especie ou...

A alcaldesa reivindica a importancia dun diagnóstico máis rápido do TDAH nas mulleres

0
Inés Rey: “Miles de mulleres e nenas viven con este trastorno sen diagnóstico, o que ten un impacto nas súas vidas a nivel persoal...

O Concello apoia a concentración convocada polas ANPAs para reclamar á Xunta o profesorado...

0
O Concello de Oleiros apoia e anima a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polas ANPAs dos colexios Juana de Vega e...

O Concello de Ponteceso abre o prazo para solicitar subvencións culturais e deportivas para...

0
 Destinaranse 40.000 euros nestas dúas liñas de axudas, que teñen como obxectivo fomentar a participación cidadá e apoiar ao tecido asociativo pontecesán. O Concello...

O vindeiro xoves bota a andar a segunda fase do programa “En Bergondo coidamos”

0
· Consiste nun espazo de apoio e formación psicoeducativa dirixido a pais e coidadores, centrado na crianza e o benestar dos nenos na súa...

Publicacións Relacionadas