HomeA CoruñaNeda financiará cos fondos do POS + adicional varias das melloras para...

Neda financiará cos fondos do POS + adicional varias das melloras para garantir o subministro comprometidas polo Concello

- Anuncio -spot_img

O pleno Neda aprobou este mediodía, nunha reunión extraordinaria, o destino dos fondos que corresponden ao municipio no marco do POS+ Adicional 4/2025. O goberno local contempla os fondos precisos para levar a cabo na rede de abastecemento parte das medidas propostas por VIaqua, empresa que xestiona o servizo municipal de augas, para garantir un subministro continuo a toda a poboación.

Así, ademais de 40.000 euros para gastos correntes, destinados a afrontar o custo da actualización de distintos contratos e servizos como o de tratamento do lixo, a administración local contempla partidas importantes para a mellora do servizo de abastecemento de auga, mediante a materialización de dúas das propostas formuladas pola concesionaria tras os problemas no subministro rexistrados en agosto.
Por un lado, destinaranse uns 30.000 euros para aumentar a capacidade de bombeo de auga bruta do Belelle que chega á ETAP dos Pazos, cunha nova bomba que permita pasar dos actuais 80 m³/hora ata 100 m³/h, equiparando a capacidade de entrada coa capacidade real de tratamento da estación potabilizadora.

Ademais, os fondos permitirán facer fronte aos traballos de sectorización da rede (ao redor de 50.000 euros), unha medida recollida na auditoría de abastecemento presentada polo Concello a Augas de Galicia no 2024. Trataríase de instalación de contadores por zonas, que permitirán un maior control sobre a rede, mellorando, de forma significativa, a “a capacidade de actuación á hora da busca de fugas e control de perdas de auga” e proporcionar “maior marxe operativo ao sistema de tratamento e almacenamento” no caso de episodios como o vivido.
Desta forma, segundo o comprometido no seu día, axilizaranse o Concello pretende axilizar todo o posible as medidas necesarias para evitar que se repita un corte no abastecemento como o sufrido por unha parte da veciñanza no mes de agosto. A proposta do goberno local saíu adiante por maioría absoluta, coa única abstencións dos dous edís nacionalistas.


Outros asuntos
Tamén saíu adiante por maioría absoluta, esta vez coa abstención de BNG e PP, e o voto en contra de Moveneda, o preaviso de prórroga do contrato de “Servizo de axuda a domicilio nas modalidades de dependencia e de libre concorrencia” e, por unanimidade, o pleno dou luz verde á declaración institucional por un tren do século XXI para Ferrolterra, Eume e Ortegal, aprobada a semana pasada polo pleno da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

Publicacións Relacionadas