Home A Coruña O 4 de febreiro dará comezo a III Liga de Pádel de...

O 4 de febreiro dará comezo a III Liga de Pádel de Carral

- Anuncio -
  • En total disputaranse máis de 80 partidos entre febreiro e xuño de 2025.
  • O obxectivo do torneo é fomentar a práctica lúdico-deportiva de toda a veciñanza, facilitando ademais o coñecemento e achegamento a este deporte.

O Concello de Carral dará comezo este vindeiro martes, 4 de febreiro, a III Liga de Pádel, que se disputará entre febreiro e xuño de 2025.

En total disputaranse máis de 80 partidos, nun torneo onde o obxectivo é fomentar a práctica lúdico-deportiva de toda a veciñanza de Carral, facilitando ademais o coñecemento e achegamento a este deporte.

Esta Liga de pádel municipal naceu no ano 2022 na que se reuniu un total de 10 parellas. No ano 2023 foron xa 16 as parellas participantes. E nesta terceira edición conseguiuse alcanzar a cifra de 24 parellas divididas en dúas categorías:

– Categoría A (nivel alto medio) con 7 parellas rexistradas.

– Categoría B (nivel medio iniciación) cun total de 17 parellas rexistradas.

O formato do torneo iniciarase cunha fase de Liga na que as parellas se enfrontarán entre si segundo a categoría na que están rexistradas. Esta fase desenvolverase desde o 4 de febreiro ata o 8 de maio, disputándose os partidos os martes e xoves de cada semana. As datas e horarios dos encontros son establecidos pola organización; con todo, estes poden ser modificados de mutuo acordo entre as parellas contendentes e coa aprobación da organización. Unha vez terminen o formato de Liga, as parellas clasificaranse para o cadro eliminatorio de cada unha das categorías. Esta nova fase da competición estenderase desde o 13 de maio ao 15 de xuño.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

Publicacións Relacionadas