Home A Coruña O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, cesa das súas funcións a Alfredo...

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, cesa das súas funcións a Alfredo Cañizo, ata o momento concelleiro de Servizos Sociais, Mar, Turismo, Festexos e Mostra de Olería

- Anuncio -

• O rexedor mantivo unha reunión co edil na que lle trasladou a súa decisión, tomada tras “as continuas desavinzas que o concelleiro mantén con entidades do municipio”

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, cesou na mañá de hoxe das súas funcións a Alfredo Cañizo, ata o momento concelleiro delegado de Servizos, Mar, Turismo, Festexos e da Mostra da Olaría.

O rexedor mantivo unha reunión co edil na que lle trasladou a súa decisión, motivada tras as “continuas desavinzas que o concelleiro mantén con distintas entidades do municipio”, manifestou.

O primeiro edil explicou que o pacto de goberno co edil baseouse na necesidade de establecer un goberno estable para Malpica e, así, poder desenvolver un programa de goberno que permitira seguir avanzando no crecemento do municipio, como así se fixo coas numerosas actuacións que foron realizadas durante este último ano de mandado tras as eleccións municipais de maio de 2023.

Malia todo, como alcalde “non podo manter as funcións dun edil que nos últimos meses creou unha brecha moi importante con entidades representativas do municipio”, indicou Parga, que asegurou que “tratei ata o último momento de buscar unha vía de entendemento coas entidades, mais a día de hoxe entendo que non é factible”.

O primeiro edil asegurou que “por encima de todo están os intereses xerais de Malpica, de todos os veciños do municipio e, neste caso, das entidades e distintos sectores económicos do concello que, de forma altruísta, sacando tempo, moitas veces, de onde non hai, traballan na organización de actividades en beneficio de todo o municipio”.

Por esta razón, o alcalde indicou que tomou a decisión de cesar nas súas funcións a Alfredo Cañizo, “a miña obrigación é escoitar aos veciños e buscar solucións aos problemas que me trasladan. Hai liñas que non se poden cruzar e eu, como alcalde, que ten o deber de representar a cada un dos veciños, independentemente da súa ideoloxía ou afinidade política, teño que defender os intereses xerais e entendo que isto é o mellor para o municipio”.

Baixo esta premisa “temos que buscar solucións. Non vale de nada o conflito permanente, senón buscar como arranxar os problemas, o diálogo e o respecto ás entidades e aos demais. Aquí hai unha falta de entendemento con colectivos moi importantes de Malpica que, lamentablemente, non podo permitir que continúe. E así llo trasladei ao concelleiro”.

Parga agradeceu a Cañizo “a súa colaboración durante este tempo” e lamentou “que se crearan situacións de carácter irreconciliable que están distanciando ao Concello de diferentes entidades que son fundamentais na vida social de Malpica e que eu, como alcalde, non podo deixar pasar por alto”.

O goberno local seguirá traballando e tratando de desenvolver moitos dos proxectos “que xa temos en marcha e outros que virán para este mandato, e espero contar co apoio maioritario da corporación local para iso”.

Nos próximos días, o alcalde dará a coñecer a redistribución das áreas de goberno, aínda que apuntou que levará “de forma persoas as relacións con esas entidades e colectivos. Os seus obxectivos teñen que ser os nosos e nese camiño temos que atoparnos”.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas