Home A Coruña O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e violencia sexual

- Anuncio -

A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións.

O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra de Leborís asistiu á xornada formativa sobre agresións sexuais e violencia sexual que impartiu María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade.

A actividade, desenvolvida no día de onte en horario lectivo na Casa da Cultura, centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións coa fin de identificar as tipoloxías de violencias sexuais, evitar as agresións e incidir nunha educación afectivo-sexual alternativa á pornografía. En definitiva, pretendeu que o alumnado adquirise coñecementos que lles permitan identificar sinais de alarma para evitar ser vítimas ou vitimarios de agresións sexuais.

A iniciativa foi organizada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, dentro do acordo de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e no marco da Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero, da que forma parte o Concello da Laracha. Esta Rede procura o rexeitamento social e institucional da lacra que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizando á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real contra a mesma, fomentando ao tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Preto de 200 maiores contaron no pasado ano co servizo de axuda no fogar...

0
Un total de 195 fogares de Neda beneficiáronse ao longo do 2024 do Servizo municipal de axuda a domicilio. O programa socio asistencial permitiu...

Publicacións Relacionadas