HomeA CoruñaO alumnado dos colexios de Neda participou nas actividades para conmemorar o...

O alumnado dos colexios de Neda participou nas actividades para conmemorar o Día das Biblioteca

- Anuncio -spot_img

Como é tradicional, os preto de 275 estudantes dos distintos colexios de infantil e primaria de Neda participaron durante esta semana no ciclo “Do cole á biblio”, ideado polo Concello para conmemorar a celebración do Día das bibliotecas. A iniciativa, que se desenvolveu nos últimos tres días na Casa da Cultura, incluíu tres espectáculos de animación adaptados ás diferentes idades.
A proposta, posta en marcha co apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, incluíu o luns o espectáculo de malabares, equilibrio e clown, o “Circo na biblioteca”, de Dani Blanco. A destinataria foi a rapazada dos últimos cursos de primaria do CEIP San Isidro e do CEIP Maciñeira.
O martes foi a quenda do alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, que desfrutaba do show ”A maxia dos libros” co Mago da boina e con Nami. E o cartel se completou esta mañá co animado contacontos musical, con voz en directo, “Os Rizos de Lía”, protagonizado por Paty Lesta, e destinado aos nenos e nenas de infantil. Nestas dúas xornadas, ao alumnado dos colexios públicos, sumouse o de Semente de Trasancos.
“Do cole á biblio” busca, a través destas propostas de lecer, achegar ao público infantil da vila ao equipamento cultural e, como non, convidalo a ler.

Publicacións Relacionadas