O arranque das obras renovación do abastecemento e saneamento obrigan a pechar ao tráfico a rúa do Carreiro

Redacción

O Concello de Neda informa de restricións ao tráfico rodado na rúa do Carreiro, tras o arranque ao fin das obras de renovación do abastecemento e saneamento na zona. Unha actuación municipal longamente esperada, incluída no POS+ 2025 da Deputación da Coruña.

Segundo indican os sinais instalados pola firma adxudicataria desta intervención- a ordense Syr-Amg SL- só os residentes nesta vía pública poderán franquear as vallas colocadas nun e noutro extremo da estrada en tanto duren os traballos.

O peche ao tráfico do Carreiro facilitará o desenvolvemento das obras, que inclúen a substitución da deteriorada rede de subministro de auga por unha nova con tubaxes de polietileno, e a renovación das acometidas domiciliarias que non cumpran os estándares fixados.

A intervención completarase cambio dos tramos de canalizacións de saneamento, que se atopan en mal estado como consecuencia do paso do tempo, e coa imprescindible reposición do pavimento asfáltico e das beirarrúas existentes.

Comparte este artigo