HomeA CoruñaO Birloque acolle a primeira das charlas formativas sobre prevención de incendios...

O Birloque acolle a primeira das charlas formativas sobre prevención de incendios no fogar

- Anuncio -spot_img

O Concello e a Federación de Asociacións Veciñais organizan estes encontros nos que participa persoal da área de Seguridade Cidadá

O Concello e a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA) iniciaron este xoves as charlas formativas sobre prevención de incendios no fogar. O primeiro dos encontros tivo lugar no centro cívico do Birloque e contou coa presenza da concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz. “Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que os veciños e veciñas da cidade teñan toda a información necesaria para facer fronte a calquera tipo de incidente no fogar, apoiando accións didácticas da man de especialistas”, indicou Paz.

Durante a charla, persoal municipal da área de Seguridade Cidadá trasladou recomendacións para a prevención de incendios nas vivendas e explicaron como actuar de maneira adecuada no caso de emerxencia. Ademais, a presentación incluíu vídeos explicativos e houbo un espazo para que as persoas asistentes resolvesen todas as súas dúbidas.

O seguinte encontro celebrarase o mércores 19 de novembro ás 18.30 horas no Centro Cívico dos Mallos. O venres 12 de decembro, ás 18.30 horas, será a quenda do coloquio no Centro Cívico de San Diego.

Publicacións Relacionadas