O BNG de Oleiros solicitará levará ao pleno de xaneiro o adiamento “sine die” das obras da Vía Ártabra

adminON
Lectura mínima de 3

Os erros da Conselleira Ethel Vázquez vencellados coa Vía Ártabra, sen que mediara ningunha dimisión ou destitución, provocan que xa se fale dun atraso de anos nesta vía na súa unión coa AP-9 e eliminando calquera posibilidade de unión coa A-6. A ambigüidade e o desleixo son absolutos por parte da Xunta cara a esta esencial infraestrutura, caendo directamente na aldraxe. Após o manifestado hai uns meses, sen ningún tipo de rubor e vergoña, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da propia Consellaría de Mobilidade e Infraestruturas cando dicía da Vía “es una cuestión que va a llevar muchos años” e mesmo facendo brincadeiras afirmando que “confía en que esta vez lleve menos de 15 años” e que “hay que ser garantistas al máximo”. Agora dende a Xunta falan de mínimo 2027, cando levan 3 anos sen “pegar un pao a auga”. Xeracións de veciños e veciñas da comarca vanse ver afectadas pola incompetencia máis absoluta da Xunta da Galiza enquistando durante lustros os problemas xa endémicos de mobilidade que nos afectan e perpetuando esta insostíbel situación.
Preguntaremos no pleno sobre as medidas que se van tomar por parte do Concello

Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía, entre elas:
Necesaria colocación dunha marquesiña na Avda Salvador Allende (AC-221), pontos de luz e seguranza na mesma por acharse unha parada de autobús escolar no lugar, con risco para os escolares
Existe unha solicitude presentada ao Concello, hai aproximadamente ano e medio, e realizada por nais e pais da parroquia de Nos, na que demandan a colocación dunha marquesiña na Avda Salvador Allende (AC-221), próxima ao cruzamento coa rúa Regueiro Oscuro. Esa marquesiña, en sentido Cecebre, é imprescindíbel para protexer aos nenos e acompañantes que diariamente agardan o autocarro para desprazarense aos seus centros educativos. Alén de estaren á intemperie e desprotexidos, tampouco existe ningún ponto de luz, tendo en conta que nunha grande parte das xornadas escolares aínda é de noite a esas horas da mañá. Para a volta si existe marquesiña situada na mesma avenida esquina rúa As Grobias, porén os nenos e nenas que regresan camiñando ás súas casas, fano pola beira da estrada e sen beirarrúa, nun treito perigoso e por unha revolta pronunciada e con bastante tránsito. A estrada é de competencia autonómica.

Preguntaremos ao Concello cando vai xestionar esta situación dados os elevados riscos para a integridade e seguranza das crianzas

Comparte este artigo