Home A Coruña O BNG esixe a gratuidade da AP-9 até Miño durante as obras...

O BNG esixe a gratuidade da AP-9 até Miño durante as obras na Ponte de Pedra entre Cabanas e Pontedeume

- Anuncio -

Néstor Rego avanzou que o BNG levará unha iniciativa ao Congreso durante unha visita a Cabanas esta mañá

O portavoz do BNG no Congreso estivo acompañado das candidatas comarcais ás eleccións galegas, o portavoz municipal do BNG en Cabanas e representantes do BNG de Pontedeume

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, visitou esta mañá Cabanas, onde anunciou unha iniciativa parlamentar para solicitar a gratuidade da AP-9 ente Vilar do Colo e Miño durante as obras de rehabilitación da Ponte de Pedra que une Cabanas con Pontedeume pola N-651, cuxo inicio está previsto para este mesmo mes de febreiro. Durante a visita, o deputado estivo acompañado dos candidatos comarcais do BNG Mon Fernández, Sandra Permui e Xosé Manuel Golpe; o portavoz municipal do BNG en Cabanas, Iago Varela; e representantes do BNG de Pontedeume.

A rehabilitación da Ponte de Pedra é unha actuación que desde o BNG consideran “moi necesaria” polo avanzado estado de deterioro que sufre a mesma, pero que tamén vai afectar de xeito significativo ás conexións na comarca do Eume, pois o tramo de vía afectado une dous concellos intimamente ligados en termos sociais, comerciais e de servizos básicos. Ademais, tamén soporta o tráfico pasante, tanto o procedente da saída da AP-9 en Cabanas como o que emprega a N-651 como alternativa libre de peaxe entre as cidades de Ferrol e A Coruña.

A execución das obras prevé cortes de carrís regulados por semáforo e mesmo cortes completos nocturnos. “É innegábel que en maior ou menor medida as obras van afectar negativamente á fluidez dun tráfico que xa de por si é elevado, polo que a solución debe pasar por reducir e axilizar o tráfico na Ponte o máximo posíbel” indicou o deputado Néstor Rego. “A única alternativa viábel é liberar a peaxe a AP-9 entre Vilar do Colo e Miño, xa que a seguinte ponte sobre o río -entre Capela e Monfero- supón 38 quilómetros de rodeo por unha estrada de difícil circulación”, concluíu o deputado.

“Suspender o cobro da peaxe nese tramo creando desvíos obrigatorios que dirixan todo o tráfico non destinado a Cabanas ou Pontedeume pola AP-9 permitiría deixar a Ponte de Pedra adicada a uso exclusivo do tráfico local de Cabanas e Pontedeume”, engadiu o candidato e veciño de Cabanas, Xosé Manuel Golpe. Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG de Cabanas, Iago Varela, agradeceu a disposición de Rego para “trasladar esta inquedanza da veciñanza de Cabanas ao Congreso”, e lembrou que malia ter acordado o pleno -a iniciativa do BNG- solicitar esta gratuidade ao Ministerio de Transportes no mes de novembro, o goberno municipal aínda non deu traslado desta solicitude.

Relacionadas

Ribeira presenta unha Cabalgata máis inclusiva

0
Entramos xa na recta final das celebracións do Nadal e a cita máis agardada por todas e todos, especialmente polos máis cativos é a...

A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e...

0
A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, realizou un balance das actuacións realizadas no último ano e que supoñen iniciar 2025 co primeiro Plan...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a...

0
A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as...

Francisca Simil, veciña da Pobra, cumpre 103 anos

0
O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é...

Laxe recibirá este domingo a visita dos Reis Magos de Oriente

0
• As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias •...

Lorena Breijo, de Barallobre, e María Celia López, de Perlío, son as gañadoras do...

0
Vinte e dúas persoas participaron na I edición do Concurso de Decoración de Nadal que organizou a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de...

Publicacións Relacionadas