Home A Coruña O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en Neda

- Anuncio -

A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá estacionada diante da Casa da Cultura para recibir á veciñanza que queira colaborar con ese xesto anónimo e altruísta a salvar vidas.
Poden ser doantes as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg, e teñan boa saúde, e cómpre acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar de identificación. Ademais, é preciso informar ao médico no caso de estar tomando medicación.
Dende o Concello anímase á poboación da localidade a colaborar, contribuíndo así a garantir as reservas de sangue suficientes para poder atender a todas as persoas que o precisen. Lémbrase ademais que dunha única doazón poden chegar a beneficiarse tres persoas diferentes, xa que os distintos compoñentes sanguíneos (plasma, plaquetas e glóbulos vermellos) adoitan utilizarse por separado.
Ante calquera dúbida, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pon a disposición da cidadanía o número gratuíto 900 100 828.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

O Campo Municipal da Laracha será sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas...

0
O evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol. A Laracha será unha das sedes da fase...

Publicacións Relacionadas