Home A Coruña O Campo Municipal da Laracha será sede do Campionato de España de...

O Campo Municipal da Laracha será sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16

- Anuncio -

O evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol.

A Laracha será unha das sedes da fase intermedia do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 que se vai celebrar entre o venres e o domingo baixo a organización da Federación Galega de Fútbol.

O evento foi presentado hoxe na Laracha polo alcalde, José Manuel López Varela, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar. Tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes, Patricia Bello; o delegado da Coruña da Federación, Manuel González Corredoira; e representantes dos clubs de fútbol federados do termo municipal: os presidentes da UD Paiosaco (Carlos García) e do Club do Mar de Caión (Manel Raposo) e un directivo do Xuventude Laracha (Antonio Franco).
O Campo Municipal da Laracha acollerá un total de oito partidos, cos seguintes emparellamentos e horarios:

Venres 7
• 9:30 h, categoría sub-14: Cantabria – Murcia
• 11:30 h, categoría sub-14: Estremadura – Aragón
• 13:30 h, categoría sub-16: Murcia – Estremadura

Sábado 8
• 9:30 h, categoría sub-14: Aragón – Comunidade Valenciana
• 11:30 h, categoría sub-16: Aragón – Asturias

Domingo 9
• 9:30 h, categoría sub-14: Castela e León – Madrid
• 13:30 h, categoría sub-16: Cantabria – Estremadura

O alcalde, José Manuel López Varela, mostrouse “orgulloso e satisfeito” polo feito de que A Laracha poida acoller este campionato ao que “van vir futuros xogadores de fútbol de primeiro nivel nacional”, e expresou a “máxima colaboración do Concello” para que o evento sexa un éxito organizativo.
O vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, quixo agradecer ao Concello a colaboración dado que “desde o primeiro momento no que contactamos todo foron facilidades”. Tamén explicou que se trata da “fase intermedia do campionato, da que sairán os catro clasificados para as finais” e animou a cidadanía larachesa a acudir aos partidos nos que competirán “os mellores xogadores do panorama nacional” desas categorías.
En todos os encontros a entrada para o público será libre e gratuíta.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas