Home A Coruña O Concello aproba a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas...

O Concello aproba a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas en Vite e na cidade histórica

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á convocatoria de subvencións por máis de 750.000 euros para a rehabilitación de edificios e vivendas no barrio de Vite e na cidade histórica ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Nesta mesma sesión adxudicáronse as obras de repavimentación da praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo por 111.522 euros.

O Goberno municipal deu luz verde á convocatoria de axudas destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana (ARRU) do ámbito do barrio de Vite e da cidade histórica, con cargo aos convenios asinados polo Concello no marco do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación (PEV) 2018-2021.

No caso de Vite, a convocatoria destinará un importe total de 672.000,00 € para levar a cabo un máximo de 96 actuacións. Para as obras de rehabilitación nas vivendas da cidade histórica, prevese unha achega 84.924 euros que poderán financiar ata un máximo de 50 actuacións. En ambos casos, as axudas serán sufragadas coas achegas do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana e a Xunta de Galicia no marco do PEV 2018-2021.

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas promotoras das actuacións, na súa condición de propietarias, arrendatarias ou titulares dalgún dereito de uso sobre algunha vivenda ubicada nesta área. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou nos seus rexistros auxiliares durante un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Poderán acollerse a estas axudas aquelas actuacións de mellora da accesibilidade que inclúan a instalación dun ascensor, as de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, e aquelas para a conservación e adaptación á normativa vixente. Só se consideran intervencións subvencionables aquelas que se realizan sobre elementos e instalacións comúns dos edificios colectivos, ou sobre a envolvente, as instalacións e a consolidación e reposición de elementos da estrutura tradicional de madeira, no caso das vivendas unifamiliares.

A data límite de xustificación das axudas será o 31 de decembro de 2026.

Adxudicacións

A Xunta de Goberno local tamén adxudicou o contrato das obras de “repavimentación da praza da Nosa Mercé de Conxo” á empresa FRANCISCO GÓMEZ Y CÍA SL cun orzamento de 111.522 euros (92.166,94 euros sen IVE) e un prazo de execución de 2 meses.

A obra ten por obxecto a substitución do pavimento de lastro por pavimento de alcatrán impreso en cor vermella. Con esta actuación elevarase a vía 15 cm sobre o pavimento actual e eliminaranse os bordos para crear unha plataforma compartida. Tamén se instalarán dúas marquesiñas de autobús e se renovará a sinalización horizontal e vertical.

Tamén se adxudicou o contrato para a “dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago” á U.T.E. SAWATCO-ATOMO por 179.826,29 euros, IVE incluído, distribuído en dúas anualidades de 94.408,80 euros (2023) e 85.417,49 euros (2024).

Este contrato responde á necesidade de contratar a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde necesaria para executar as actuacións de mellora e renovación das instalacións consumidoras de enerxía, incluídas no obxecto do contrato “Servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado público exterior”, que foi adxudicado no pasado mes de abril á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L. por un importe de 1.765.702,55 euros.

O Goberno municipal tamén deu luz verde á recepción das obras de “mellora da accesibilidade do Concello de Santiago 2021” reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción social. As obras remataron o pasado 1 de agosto. O contrato fora adxudicado en agosto de 2022 a PROPERDIS, EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL, SLU, por 218.006,90 euros.

Outros asuntos

Reunida en sesión extraordinaria o pasado 15 de setembro, a Xunta de Goberno, tamén acordou solicitar as axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, ano 2023.

Tamén se aprobou o expediente de crédito extraordinario co número 2023-CREXT-06 por un importe de 38.550 euros para cubrir as necesidades de varios departamentos, e un suplemento de crédito nº 2023-SUPLE-06, por importe de 643.033,33 euros.

Relacionadas

Un total de 84 nenos e nenas do municipio teñen praza no campamento de...

0
As familias poderán formalizar a matrícula dos menores dende mañá ata o 17 de xuño O Concello facía público este mediodía o listado de admitidos/as...

Aitor Bouza fai unha valoración positiva dos resultados das europeas en Santiago: “o Partido...

0
Amósase satisfeito por ter subido sete puntos respecto as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, “as últimas que se celebraron nun contexto similar a...

Paderne une viño, gastronomía e tradición na Feira GastroLexítimo, herdeira da Mostra do Branco...

0
 Celebrarase en Esperela o sábado 29 de xuño e contará coa actuación de A Roda  O evento social nace como un xeito de...

O concelloamplía a rede de abastecemento entre Golmar do medio e San Pantaión

0
Melloraranse os servizos que se ofrecen ás vivendas desa zona, ademais de tratarse dunha intervención cun impacto directo na protección do medio ambiente. O Concello...

Intercambio de experiencias entre o Concello da Pobra e o Lar Gallego de Sevilla

0
Máis de cincuenta integrantes da asociación Lar Gallego de Sevilla atópase estes días na terra nai, rememorando a arte, cultura, lingua e gastronomía. No seu...

O Concello de Santiago continúa coa tramitación da nova ordenanza complementaria de usos en...

0
O executivo municipal dá un novo paso para a aprobación da nova ordenanza que promoverá e favorecerá o acceso á vivenda. A Xunta de...

Publicacións Relacionadas