Home A Coruña O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola...

O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola da Bici, que oferta cursos de mobilidade responsable ideados para todas as idades

- Anuncio -

Máis de 300 persoas participaron o ano pasado nesta iniciativa. Case un 60% delas, nenas e nenos

O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola da Bici, unha iniciativa orientada ao fomento da mobilidade responsable a escala interxeracional a través de cursos formativos para todas as idades.

Neste sentido, neste mes de febreiro haberá un total de nove sesións —cinco para persoas adultas e outras catro para nenas e nenos—. A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, puxo en valor os enfoques específicos dos cursos, con diversas opcións para distintos niveis. Por exemplo, en iniciación, para que a rapazada adquira un equilibrio dinámico sobre a bicicleta e dea as súas primeiras pedaladas. “Tamén se fomenta a aprendizaxe en materia de seguridade viaria”, apuntou Díaz, e unha introdución á mecánica básica.

Os cursos terán lugar no patio interior do Centro de Baixa Esixencia, situado no número 10 da avenida de Labañou. Cada módulo durará entre catro e seis horas, cun custo de 15 euros. As persoas interesadas en inscribirse xa poden formalizar a súa solicitude a través da páxina web de Mobi-liza ou nesta ligazón.
Máis da metade das persoas participantes no 2024 foron nenas e nenos
No ano 2024 desenvolvéronse 64 cursos da Escola da Bici, dos que 37 estiveron orientados ao público adulto e outros 27 á infancia.

En total, rexistráronse 517 inscricións de 318 persoas, xa que houbo participantes que asistiron a un ou máis cursos. Noemí Díaz destacou a implicación das novas xeracións nos cursos formativos, xa que, do total das inscricións, un 57% correspondeuse a nenas e nenos.

Relacionadas

Incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba-Golmar, no Concello de Laracha

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados dun pequeno incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba – Golmar, no...

Ovidio Rodeiro e Xosé Crespo asinan o irmandamento da Festa da Filloa de Lestedo...

0
O Cocido de Lalín estará presente no xantar oficial da Festa da Filloa o domingo 9 de marzo e a filloa de Lestedo e...

Centos de persoas participaron no Aquarium Finisterrae na Feira de Ciencia Isabel Zendal 

0
O Concello colaborou coa Universidade da Coruña na organización desta iniciativa que chega á súa sétima edición. Profesorado e alumnado da UDC atenderon, ao...

Camariñas acollerá o primeiro evento de cultura ‘friki’ da Costa da Morte

0
● A iniciativa ‘Ponte Friki’, organizada pola Asociación PonteDisfraz en colaboración co Concello, terá lugar o 22 e o 23 de marzo no polideportivo...

Un febreiro de consulta para coñecer a satisfacción da veciñanza de Oleiros co seu...

0
Febreiro será en Oleiros un mes dedicado a recoller a opinión da veciñanza sobre a xestión do municipio grazas a unha enquisa aberta e...

O Concello comezará a vindeira semana traballos de mellora de accesibilidade na EIM Os...

0
As obras contan cun orzamento de 30.000 euros e inclúen actuacións de mellora na seguridade O Concello da Coruña comezará este luns traballos de mellora...

Publicacións Relacionadas