Home A Coruña O Concello convoca catro postos de traballo para persoas desempregadas

O Concello convoca catro postos de traballo para persoas desempregadas

- Anuncio -

● O prazo para presentarse abre este luns 15 de abril e permanecerá dispoñible ata o venres 19 do mesmo mes.

● Os postos, un de oficial e tres de peóns especialistas, terán un contrato de catro meses e medio de duración, a desenvolver, previsiblemente, entre o 1 de xuño e o 15 de outubro deste ano.

O Concello de Miño reforza a súa aposta pola inserción laboral de persoas desempregadas e en risco de exclusión laboral, por iso convoca un proceso selectivo para optar a catro postos de traballo. Esta iniciativa está dentro do programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais, financiado pola Deputación dá Coruña.

Desta forma, convócase un posto de oficial e tres de peóns especialistas que terán un contrato de catro meses e medio, a desenvolver, previsiblemente, entre o 1 de xuño e o 15 de outubro de 2024.

Os requisitos para poder participar neste proceso selectivo poden consultarse na web do Concello de Miño ou no Boletín oficial da provincia da Coruña do venres 12 de abril. O prazo de presentación de candidaturas abre este luns, 15 de abril, e pechará o venres 19 do mesmo mes.

As persoas interesadas poderán obter máis información na Unidade de Servizos Internos do Concello de Miño.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas