Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello de Bergondo ofrece unha ampla variedade de axudas escolares en...

O Concello de Bergondo ofrece unha ampla variedade de axudas escolares en todos os niveis educativos

- Anuncio -

· Tres programas de bolsas buscan paliar o importante esforzo económico que as familias teñen que acometer en cada inicio do curso escolar.

O Concello de Bergondo, seguindo a súa política de apoio ás familias con fillos ou fillas en idade escolar, abriu recentemente o prazo de tres diferentes liñas de subvencións para axudar aos bergondeses e bergondesas no importante esforzo económico que supón cada ano o inicio do curso.

Por unha banda están as xa presentadas bolsas de préstamo de libros de texto, que complementan ao Fondo Solidario da Xunta de Galicia e que están dispoñible desde 3º de Primaria ata 4º de ESO. Esta bolsa pode solicitarse a través deste formulario ata o 28 de xuño.

Para non deixar descubertas as necesidades das familias con fillos ou fillas en idade escolar que cursen Educación Infantil ou 1º ou 2º de Primaria, o Concello pon en marcha outra liña de axudas que consisten na entrega de libros. No caso dos estudantes de Primaria, deberán solicitar a axuda para a adquisición de libros e material da Xunta; de non facelo, quedarán excluídos deste programa. As solicitudes deberán entregarse antes do 3 de xullo por Rexistro, ben presencialmente ou ben a través da sede electrónica.

Por último, o programa de axudas á compra de material escolar e libros, que está dirixido a todas as etapas educativas, achega entre 30 e 120 euros ás familias con menos ingresos. Os únicos requisitos son estudar nalgún dos centros públicos de Bergondo e non superar o límite de ingresos establecido nas bases. O prazo de presentación de solicitudes pecha o 3 de xullo e deberá presentarse a documentación a través do Rexistro municipal.

Cabe destacar que esta última liña si ten en conta o nivel de ingresos, mentres que as de préstamo e entrega de libros non teñen a renda como un requisito nunha clara aposta pola educación pública e gratuíta.

Desde o goberno local afirman que “estas tres liñas de bolsas para a escolarización buscan paliar o importante esforzo económico que as familias bergondesas afrontan cada ano co inicio do curso escolar e apoian o modelo de educación pública”.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas