O Concello de Carral celebrou hoxe o seu Magosto-Samaín.
O campo da feira foi o escenario desta festa, que acolleu a rapaces e adultos, e que tivo diferentes actividades como obradoiros de maquillaxe, talleres de zonchos e cucuruchos de castañas, así como un espectáculo do ritual da conxura da queimada.
A tarde ademais contou cunha actuación musical en directo e moitos disfraces.
Ao evento tamén acudiu o alcalde e membros do goberno local.