HomeA CoruñaO Concello de Fene leva ao grupo Silbarda á Romaría do Camiñante...

O Concello de Fene leva ao grupo Silbarda á Romaría do Camiñante este sábado

- Anuncio -spot_img

A tradicional Romaría do Camiñante, que organiza a ACRD Liga de Amigos de Barallobre, celébrase este sábado, día 5 de xullo. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura (en colaboración co programa Rede Cultural da Deputación) anuncia a actuación de “Cantos de taberna” do grupo Silbarda, da Asociación Cultural Airiños da Capela. A función comezará ás 21.30 horas, con entrada libre e de balde.

Silbarda interpreta pezas populares da música tradicional, tanto de xeiro instrumental como acompañado de voces. Esta agrupación nace dentro da Asociación Airiños da Capela, composta por alumnos da escola de música tradicional da entidade, como un xeito de poñer en práctica as ensinanzas da escola. Iniciaron a súa actividade artística como grupo de gaiteiros e gaiteiras, facendo as tradicionais alboradas nas festas tradicionais, para mais tarde incorporar o grupo de pandereteiras, tamén da escola, co fin de que a mayoría dos temas sexan cantados.

Publicacións Relacionadas