O Concello de Ribeira adxudica o deseño e a produción das carrozas para a cabalgata dos Reis Magos no 2027 e 2028

Redacción

 Crearanse sete carrozas por unha contía de 77.440 euros para as dúas vindeiras anualidades

O Concello de Ribeira adxudica o deseño e produción de sete carrozas para o tradicional desfile que farán Melchor, Gaspar e Baltasar no 5 de xaneiro dos dous vindeiros anos, 2027 e 2028, con posibilidade de dúas prórrogas anuais.

As carrozas en cuestión serán as tres reais (cada unha delas principalmente nunha cor, sexa azul, vermello e verde, e cun trono real e sitio para a acomodarse 12 persoas), unha coa estrela de Belén (terá como elemento principal un de carácter luminoso, ademais doutros en consonancia coa temática da mesma e con capacidade para 20 persoas), unha do Carteiro Real (deberá constar de caixa de correo, carruaxe, cabalos ou similares, e con sitio para 20 ocupantes) e dúas carrozas temáticas (con capacidade para 20 persoas cada unha e con motivos relacionados co mundo do mar no 2027, mentres no 2028 seguirá a literatura e o mundo dos soños).

A empresa Parade Factory Di Luca, S.L. resultou a empresa adxudicataria das dúas que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un prezo do contrato de 77.440 euros, IVE incluído, para as dúas vindeiras anualidades.

Comparte este artigo