HomeA CoruñaO Concello de Ribeira inicia a pavimentación da rúa dos Curros en...

O Concello de Ribeira inicia a pavimentación da rúa dos Curros en Castiñeiras Ribeira, 26 de marzo de 2025

- Anuncio -spot_img

No día de hoxe o rexedor, Luís Pérez Barral, xunto co tenente de alcalde, Vicente Mariño desprazáronse á parroquia de Castiñeiras para supervisar o comezo das obras de pavimentación que se van a realizar estes días na rúa Nova, rúa da Aldea e a rúa dos Curros.

Estas tres rúas son ramais adxacentes da parroquia de Castiñeiras que presentaban un pavimento de aglomerado moi deteriorado, con numerosas fochancas e disgregacións que supoñen un risco para a circulación. Por este motivo vaise a proxectar nestes días a pavimentación das vías cunha capa de aglomerado en quente tipo de 6 cm de espesor, co obxecto de mellorar a seguridade viaria na zona e mellorar a accesibilidade.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ por un total 89.723,22 euros e adxudicado á empresa Canarga S.L.

Segundo informou o alcalde, o goberno local está investindo nos últimos meses máis de 460.000 euros na parroquia de Castiñeiras xa que o renovado paseo dos Mosqueiros tivo un investimento de máis de 200.000 euros e ao longo do mes de abril comezarase coa pavimentación e renovación da contorna do litoral do paseo da Ameixida cun investimento de máis de 163.00 euros.

Pérez Barral significou que todas estas intervencións se enmarcan no compromiso adquirido para mellorar os servizos básicos de tódalas parroquias; auga potable, saneamentos ou pavimentacións “como e o caso que nos ocupa que era unha acción moi demandada por parte da veciñanza de Castiñeiras xa que esta zona de Castiñeiras levaba máis de 23 anos sen unha nova pavimentación que ao longo de esta semana quedará concluída”.

Publicacións Relacionadas