Home A Coruña O Concello homenaxeará a figura de Francisco Vales Villamarín coa inauguración do...

O Concello homenaxeará a figura de Francisco Vales Villamarín coa inauguración do renovado xardín-miradoiro co nome do mestre e historiador

- Anuncio -

 A lembranza, que coincide co 41º aniversario da instalación do monólito, será o sábado 5 de maio

O Concello de Paderne homenaxeará a figura de Francisco Vales Villamarín coa inauguración do renovado xardín-miradoiro que leva o nome do mestre e historiador betanceiro. Farao nu acto previsto para o domingo 5 de maio ás 13:00 horas., que coincidirá co 41º aniversario da instalación da estatua que lembra ao betanceiro.

No espazo situado en Ponte do Porco levouse a cabo unha completa actuación que consistiu na limpeza e restauración do monólito, o reafirmado da superficie da praza, a colocación de valado e a instalación de bancos, ademais dun traballo para facer accesible a beirarrúa.

Aproveitando estes traballos, nos que se investiron 9.524,83 euros (sen contar impostos), o Concello de Paderne quere ofrecerlle unha merecida lembranza ao intelectual falecido en 1982 aos 91 anos. A este acto está convidada toda a veciñanza, ademais de personalidades institucionais.

Francisco Vales, cronista oficial de Betanzos e fundador do Anuario Brigantino, realizou numerosos traballos de investigación sobre a comarca brigantina e foi membro da Real Academia Galega e, entre moitísimos recoñecementos, recibiu o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas