Constará de 468 horas a impartir de 9:30 a 14:30 ata o mes de xuño nunha aula homologada do Edificio Administrativo da Laracha.
O vindeiro día 3 de febreiro é a data prevista para o inicio da nova acción formativa para desempregados (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A iniciativa será posta en marcha polo Concello coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O plan formativo constará dun total de 468 horas a impartir ata mediados de xuño de 9:30 a 14:30 horas nas aulas homologadas do Edificio Administrativo da Laracha. Ademais da materia específica realizaranse dous módulos transversais, un sobre igualdade de xénero e outro relacionado coa formación para a igualdade, a inserción laboral e a sensibilización medioambiental. Aquelas persoas que finalicen o programa con éxito recibirán o certificado profesional Nivel 2 que acreditará a formación cualificada completa nesa materia.
O procedemento de selección do alumnado xa está en marcha. As persoas que estean interesadas en realizar esta acción formativa para desempregados e cumpran os requisitos establecidos poden solicitalo no departamento municipal de Emprego acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.
Hai quince prazas dispoñibles que serán outorgadas entre os aspirantes de acordo aos criterios establecidos nas bases reguladoras, que están dispoñibles para a súa consulta na web municipal alaracha.gal.