Home A Coruña Carballo, único concello de 20.001 a 50.000 habitantes que consegue a “Escoba...

Carballo, único concello de 20.001 a 50.000 habitantes que consegue a “Escoba de oro”

- Anuncio -

A entrega dos galardóns anuais, convocados pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus), será o 19 de xuño en Madrid

Dous anos despois de acadar a Escoba de Plata, Carballo convértese neste 2024 no único concello de 20.001 a 50.000 habitantes que recibirá o premio Escoba de Oro, outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus).

A asociación eleva a distinción ao noso concello “polo novo contrato do servizo de limpeza viaria, cun aumento do 36% respecto do anterior. Este traballo -destaca- desenvólveo o centro Aspaber, que realiza o servizo a través de persoas con discapacidade psíquica, o que permitiu ter unhas rúas máis limpas e unha poboación máis concienciada, destacando como as accións con apoio social son moito máis efectivas”.

Ategrus concede cada dous anos os Premios Escobas de Plata, Oro y Platino aos organismos que, segundo apunta a propia asociación, “máis destacan polas súas iniciativas ambientais, premiando os esforzos realizados para estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación que serven para ir mellorando a nosa calidade de vida e a sustentabilidade”.

Carballo xa recibiu no 2022 a Escoba de Plata pola transformación urbana iniciada no ano 2004. Nesta ocasión, o premio distingue non só o traballo que desenvolve o servizo de limpeza viaria, senón tamén a inserción laboral de persoas con discapacidade. Ao acto de entrega dos premios, previsto para o 19 de xuño en Madrid, no marco do Foro de Medio Ambiente y Sostenibilidad, asistirá o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales.

O concurso empezaou a celebrarse no ano 1987. A primeira edición foi convocada no ano 1987 pola Unión Europea dento do Ano Europeo do Medio Ambiente, e da súa organización no Estado español encárgase dende aquela Ategrus, unha entidade sen ánimo de lucro que facilita persoal técnico e servizos encamiñados a mellorar a xestión dos residuos, e que forma parte da asociación internacional ISWA. Ao longo de todos estes anos foron outorgados máis de mil galardóns a municipios, deputacións, comunidades autónomas, empresas e universidades de España, Andorra, Portugal, México, Chile, Arxentina e Perú.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas