HomeA CoruñaO concello inviste 30.000 euros na mellora da rede viaria no núcleo...

O concello inviste 30.000 euros na mellora da rede viaria no núcleo de Sabaceda

- Anuncio -spot_img

As obras inclúen a nova pavimentación e a sinalización.

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da rede viaria en Sabaceda, na parroquia de Montemaior.

A intervención afecta a tres camiños dese núcleo de poboación que suman unha distancia lineal aproximada de 500 metros. As obras inclúen a limpeza de cunetas, o afirmado dos bordes da calzada e a nova pavimentación da superficie de rodadura dos vehículos para facilitar o tránsito. Concluiranse

posteriormente coa sinalización horizontal para reforzar a seguridade viaria.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón desprazáronse ata Sabaceda para interesarse polo desenvolvemento dos traballos cos que se mellora sensiblemente as comunicacións rodadas nesa zona.

O investimento da actuación alcanza os 30.000 euros.

Publicacións Relacionadas