Home A Coruña O Concello presenta o programa das escolas deportivas para este curso 2024/2025

O Concello presenta o programa das escolas deportivas para este curso 2024/2025

- Anuncio -

• As inscricións poderán realizarse do 23 ao 30 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas, no departamento de Deportes

• As escolas deportivas inclúen predeporte, multideporte, fútbol sala, taekwondo, patinaxe, iniciación ao adestramento de forza e deportes de raqueta

• As actividades de adultos programadas son bádminton, pilates, ximnasia terapéutica, adestramento hiit e zumba

O Concello de Laxe presentou na xornada de hoxe o programa das escolas deportivas para este curso 2024/2025, que se desenvolverá desde o vindeiro 1 de outubro ata o 31 de maio de 2025.

As inscricións poderán realizarse desde o vindeiro luns, 23 de setembro, ata o seguinte, día 30, no departamento de Deportes, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

As actividades programadas para as escolas deportivas son predeporte, multideporte, fútbol sala, taekwondo (I e II), patinaxe (I, II e III), iniciación ao adestramento de forza e deportes de raqueta, que inclúen bádminton e pádel.

No que respecta ás actividades de adultos, ofrecerase bádminton, pilates, ximnasia terapéutica, adestramento hiit e zumba.

Todas as actividades programadas polo Concello teñen límite de prazas e aquelas que non superen as 10 persoas inscritas serán suprimidas ou substituídas por outras modalidades.

Ximnasio municipal

Ademais das actividades programadas, o ximnasio municipal estará en funcionamento nos seguintes horarios: os luns e mércores de 10:00 a 12:30 e de 16:30 a 21:30 horas; os martes e xoves de 10:00 a 12:30 e de 16:00 a 22:00 horas; e os venres de 16:30 a 20:30 horas.

As instalacións están destinadas a persoas nadas no 2009 e anteriores.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas