Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello reabre a piscina municipal catro anos despois tras culminar as...

O Concello reabre a piscina municipal catro anos despois tras culminar as obras e ofrece prezos populares e cursos de natación

- Anuncio -

 O vaso e o seu perímetro foron renovados, ao igual cos vestiarios, nos que se executaron amaños no tellado e na fontanaría. Tamén se realizaron actuacións na contorna verde da instalación

 O espazo de ocio abrirá desde hoxe e ata o 31 de agosto de xeito ininterrompido, en horario de 12:00 a 20:00 horas

 “Queremos dar a maior oferta de ocio posible á veciñanza e facilitar o acceso universal. Por iso volver a dispor da piscina era un dos nosos obxectivos neste inicio de mandato”, apunta o alcalde, Sergio Platas

A reapertura da piscina municipal de Paderne xa é unha realidade. Desde esta mañá do martes 9 de xuño e a pesares de que o tempo aínda non acompaña, o Concello de Paderne ten abertas as instalacións.
“Trátase dunha apertura moi agardada pola veciñanza despois de que a pandemia obrigará a pechar o espazo de ocio no ano 2020. O verán pasado, unha vez iniciamos o novo mandato, estudamos a posibilidade de volver a ofrecer este servizo, pero as instalacións atopábanse en mal estado e necesitaban unha importante reforma”, explica o alcalde, Sergio Platas.
Deste xeito, o Concello padernés puxo en marcha en novembro a reforma da instalación, que incluíu unha primeira fase un completo traballo de limpeza e renovación do vaso da piscina e do seu perímetro.
Dentro desta actuación tamén se executou unha reforma dos vestiarios, un servizo esencial. A edificación que serve para mudarse e ducharse tiña deficiencias no seu teito e nas paredes. O tellado foi modificado e no interior levouse a cabo unha labor de mantemento importante que cristalizou, sobre todo, coa renovación da fontanaría.
Apertura e prezos
Agora, unha vez rematadas as obras, a piscina permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto todos os días. De luns a domingo, terá un horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas e contará con servizo de socorrismo.
Os usuarios e usuarias poderán acceder á instalación de dous xeitos: pagando a entrada individual ou adquirindo o abono de tempada. Por unha banda, a acceso de día de 1,80 euros para a rapazada de entre 6 e 18 anos e de 3 euros para maiores de 18. Por outro lado, os abonos de tempada custan 12 euros ou 18 en función do grupo de idade. Ademais, existe un abono de 36 euros para as familias. Estes abonos pódense solicitar a través da sede electrónica ou directamente nas oficinas municipais da Casa Consistorial.
Ademais, o Concello de Paderne tamén ofrecerá desde os próximos días cursos de natación. As formacións, que contarán con varias quendas e unha periodicidade de dous días á semana, teñen un custo total por todo o verán de 6 euros para a rapazada menor de 14 anos e de 12 euros para os maiores desa idade.
“A pesares de ter que investir recursos propios na reforma da piscina, apostamos por ofrecer á nosa veciñanza uns prezos populares. Sempre dentro de que é necesario establecer un custo para pór en valor a instalación e permitir que sexa sustentable, a nosa prioridade pasa por posibilitar que todas as familias e grupos dispoñan da maior oferta de ocio posible en Paderne. E ademais, dun xeito que permita unha accesibilidade universal. Por iso volver a abrir a piscina e facilitar o acceso a toda a veciñanza era un dos obxectivos neste inicio de mandato”, apunta o rexedor.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas