● O investimento foi de máis de 9.000 euros para comprar lotes con diferentes produtos que foron parar a 105 persoas de 37 familias.
O Concello de Miño quixo que o Nadal fose o mellor posible para todos os veciños e veciñas do municipio. Con ese obxectivo, realizou un investimento de máis de 9.000 euros para articular unha entrega especial de alimentos a 105 persoas de 37 familias do pobo.
En lestes lotes, que se entregaron a mediados de decembro, ían incluídos produtos de Nadal, alimentos frescos e tamén outros produtos de limpeza e hixiene.

