Home A Coruña O Concello repartirá un milleiro de unidades da publicación ‘A gata Ágata’,...

O Concello repartirá un milleiro de unidades da publicación ‘A gata Ágata’, que achega á rapazada os hábitos alimentarios saudables

- Anuncio -

A concelleira Diana Cabanas participou hoxe no acto de presentación da publicación, acompañada polas autoras, Adelaida Pittaluga e Ana Miranda

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, participou hoxe no acto de presentación da obra literaria ‘A gata Ágata’, unha publicación orientada aos máis pequenos coa que o Concello busca achegar o público familiar ás vantaxes do comercio de proximidade e dos hábitos alimenticios saudables.

Cabanas, acompañada esta mañá por Adelaida Pittaluga e Ana Miranda, autoras dos textos e ilustracións incluídas no libro, fixo fincapé na importancia de “traballar a escala interxeracional no coidado da saúde e no desenvolvemento dunha vida activa, implicando as novas xeracións, xa desde idades temperás, en aspectos fundamentais no presente e futuro da súa vida diaria”.

Pola súa banda, Pittaluga e Miranda detallaron os contidos do libro, que recrea actuacións cotiás e localizacións significativas da cidade da Coruña para que a poboación infantil identifique como a través dos nosos actos podemos vivir unha vida máis saudable. Unha das localizacións ficticias é o barrio de Michimiau, onde todos os comercios contan con produtos locais de tempada e moi boa calidade. Nesta viaxe literaria de tenda en tenda, as nenas e nenos pasearán e gozarán do aire libre, coñecendo a Breixo, Centola, dona Pita e dona Perica, veciñas e veciños que lles ofrecerán produtos e servizos con moita dedicación e proximidade.

O Concello ten previsto distribuír un milleiro de unidades de ‘A gata Ágata’ entre a poboación infantil, a través das campañas municipais de información e divulgación, así como nas actividades das diversas unidades da Área de Mercados.

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca poñer en valor o comercio de proximidade como un sector estratéxico da economía local, que non só fomenta hábitos saudables senón que tamén é un motor fundamental en termos de emprego.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas