Home A Coruña O Concello retoma desde hoxe o servizo de Podoloxía gratuíta, que completa...

O Concello retoma desde hoxe o servizo de Podoloxía gratuíta, que completa a súa firme aposta polos Servizos Sociais

- Anuncio -

 Trátase dunha asistencia aberta a toda a veciñanza maior de 60 anos, con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade socioeconómica

 A prestación ofrécese nunha sala habilitada na Casa Consistorial os luns e martes en horario matinal e os mércores pola tarde

O Concello de Paderne retoma desde hoxe, 1 de abril, o servizo de Podoloxía gratuíta. A prestación xa foi ofrecida desde setembro ata decembro do ano 2023 e agora regresa mantendo as súas condicións para completar a firme aposta do equipo de goberno municipal por uns Servizos Sociais de calidade.

A Podoloxía é unha asistencia sen custo algún para as persoas que o soliciten. O servizo está aberto a maiores de 60 anos que non realicen actividade laboral. A maiores, a condición da idade desaparece para ofrecer tamén tratamento a persoas con discapacidade e dependencia recoñecidas ou en situación de vulnerabilidade socioeconómica.

A prestación ofrécese nunha sala habilitada na Casa Consistorial os luns e martes en horario matinal, ademais das tardes dos mércores. A maiores, no caso de que o usuario ou usuaria en cuestión teña problemas de mobilidade, a asistencia pode ofrecerse no domicilio particular.

Para solicitar esta prestación, os interesados e interesadas poden contactar coa área de Servizos Sociais ou chamando directamente ao Concello.
“Apostamos de novo por esta iniciativa porque consideramos que Paderne debe contar cos mellores servizos posibles para a súa veciñanza. Este Concello debe ser un lugar cómodo para vivir e que se preocupe pola súa xente”, apunta a concelleira de Servizos Sociais, Marisa Abrodos. “A Podoloxía únese ao préstamo de equipamento técnico asistencial de todo tipo, pero tamén a iniciativas que facemos ao longo do ano para asistir aos nosos e as nosas maiores e as persoas con necesidades de todo tipo”, recalca Abrodos.

Relacionadas

Telefónica deixa incomunicadas a decenas de vivendas en Nós

0
Atendendo ás demandas veciñais, o Concello volveu reclamar á empresa Telefónica a instalación do servizo de fibra na rúa da Veiga e en parte...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

0
· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira. A Festa do Pan de Carral...

O ‘Bergondo en feminino’ celebra o seu quinto aniversario con tres novas roteiros e...

0
· Esta inicitiva busca rescatar a historia de bergondesas pioneiras, e en moitos casos esquecidas, que batallaron para abrir o camiño para gozar da...

Gonzalo Castro reivindica a defensa da democracia e dos dereitos humanos no Día de...

0
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade visitou xunto ao delegado e á subdelegada do Goberno a Casa Museo Casares Quiroga O concelleiro da...

En marcha: Programa de ocio alternativo para a mocidade do Concello de Ribeira

0
O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e a concelleira de Xuventude, Antía Alberte, presentaron hoxe o programa de ocio alternativo para a mocidade de...

O Concello de Fene abre este xoves o prazo de preinscrición para os campamentos...

0
Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30...

Publicacións Relacionadas