HomeA CoruñaO Concello solicita á Xunta que retire as autorizacións de vivendas turísticas...

O Concello solicita á Xunta que retire as autorizacións de vivendas turísticas por ser ilegais en Oleiros

- Anuncio -spot_img

O Concello requerirá por escrito á Xunta de Galicia que retire as autorizacións outorgadas ás vivendas de uso turístico por non axustarse ao Plan Xeral de urbanismo, nin contar con licencia municipal para esa actividade. Estímase que son unhas 80 vivendas que foron autorizadas pola Xunta.

O Plan Xeral define perfectamente as zona de uso residencial e as de uso hoteleiro, polo que os pisos convencionais dedicados a residencia non poden explotarse comercialmente como servizo de hospedaxe.

Na actualidade o Concello ten abertos varios expedientes sancionadores a vivendas que exercen ilegalmente a actividade de hospedaxe, reservada ás empresas dese sector, unha actividade que non debe confundirse cos alugueiros turísticos.

Publicacións Relacionadas