Actualmente o plan conta xa con máis de 30 actuacións en execución por valor de máis de 20 millóns de euros nos dez distritos
A alcaldesa, acompañada do Goberno local, presentou hoxe o Plan de Barrios 2025-2027 ás entidades veciñais da cidade. Trátase dunha folla de ruta estratéxica que mobilizará 125 millóns de euros en actuacións distribuídas polos dez distritos da cidade.
O encontro contou coa participación de máis de trinta representantes de asociacións veciñais, reforzando a dimensión participativa dun proxecto pioneiro que, segundo explicou a rexedora, “é un documento vivo, que seguirá enriquecéndose coas achegas da cidadanía a través dun calendario aberto de encontros veciñais”.
O plan estrutúrase arredor de cinco eixos principais:
- Humanización e rexeneración urbana (45 M€).
- Parques infantís e zonas verdes (12 M€).
- Equipamentos e dotacións públicas (28 M€).
- Mobilidade sostible e espazos públicos (15 M€).
- Infraestruturas urbanas transversais (25 M€).
Actualmente o plan conta xa con máis de 30 actuacións en execución, outras 7 adxudicadas e 16 en fase de licitación, o que garante continuidade e estabilidade. “En total temos mobilizados xa máis de 20 millóns de euros en actuacións nos dez distritos” sinalou Rey.
Entre as intervencións destacan a remodelación dos Cantóns, a rehabilitación do mercado de Santa Lucía, a posta en marcha do parque do Observatorio no Agra ou a reforma do
centro cívico de Labañou.
Calendario de encontros coa alcaldesa
A alcaldesa puxo en marcha un calendario de encontros veciñais ata finais de ano, un en
cada barrio, para presentar o detalle das actuacións, recoller propostas e dar seguimento aos avances.
● Martes 23 de setembro | 19.00 horas – Centro Cívico Os Mallos
● Mércores 24 de setembro | 19.00 horas – Centro Cívico Castrillón
● Mércores 1 outubro – 19.00 h | Centro Cívico San Diego
● Xoves 2 outubro – 19.00 h | Centro Cívico Monte Alto
● Mércores 8 outubro – 19.00 h | Centro Cívico O Birloque
● Martes 14 outubro – 19.30 h | Centro Cívico Mesoiro
● Martes 21 outubro – 19.00 h | Centro Cívico Os Rosales
● Martes 28 outubro – 19.00 h | Cidade Vella – Casa Veedurí
● Mércores 29 outubro – 19.00 h | Matogrande/Xuxán – Residencia DomusVi
● Martes 4 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Monelos
● Mércores 5 novembro – 19.00 h | Labañou/Riazor
● Martes 11 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Elviña
● Mércores 12 novembro – 19.00 h | Centro Ágora
● Xoves 13 novembro – 13.00 h | Centro Cívico de Pescadores
● Xoves 13 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Eirís
● Martes 25 novembro – 19.00 h | Centro Cívico Sagrada Familia
● Mércores 26 novembro – 19.30 h | Centro Cívico Palavea
● Xoves 27 novembro – 13.00 h | Centro Cívico A Silva
● Mércores 3 decembro – 19.00 h | Durmideiras (Mercado)
● Xoves 4 decembro – 20.00 h | Centro Cívico Santa Lucía
● Martes 9 decembro – 19.00 h | Visma (Espazo veciñal)
● Mércores 10 decembro – 19.00 h | Bens
● Xoves 11 decembro – 13.00 h | Centro Cívico de Feáns
● Xoves 11 decembro – 19.00 h | Nostián