Home A Coruña O goberno local levará a pleno a ordenanza de estacionamento e pernoita...

O goberno local levará a pleno a ordenanza de estacionamento e pernoita de autocaravanas

- Anuncio -

● Esta normativa pretende “garantir a convivencia entre os distintos medios de transporte á hora de estacionar, sobre todo durante o período estival”, afirma o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo.

● O Concello xa está a traballar para dotar ao municipio dunha área de autocaravanas na zona do aparcamento da Galea.

● No documento contémplanse sancións desde 300 ata 6.000 euros.

O goberno local de Miño levará ao próximo pleno da corporación, que se celebrará este luns, 13 de maio, a ordenanza municipal para regular o estacionamento e pernoita de autocaravanas e vehículos tipo ‘camper’ no municipio.

O obxectivo deste documento é regular este tipo de turismo itinerante que está en auxe nos últimos anos, buscando “garantir a convivencia entre os distintos medios de transporte á hora de estacionar, especialmente durante o período estival”, afirma o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo.
A normativa, que pasou por un proceso de exposición para que persoas e colectivos interesados achegasen as súas ideas, establece unha “distribución racional” dos espazos públicos e do estacionamento temporal co obxectivo de “non entorpecer o tráfico, garantir a seguridade e fomentar o desenvolvemento económico do municipio a través do turismo”.

Así, a ordenanza establece que as autocaravanas terán dereito a estacionar en todo o municipio, a condición de que non estea protexido como é o caso de zonas de Rede Natura 2000 ou ben prohibido polas normas de circulación. Recóllese que non se debe ampliar o perímetro en marcha do vehículo, o que prohibe ocupar a vía con cadeiras ou mesas, patas estabilizadoras, toldos, tendais ou verter residuos ou fluídos na vía.

Ademais, tamén se recollen as sancións polo incumprimento deste regulamento (que entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña, posterior á súa aprobación no pleno), que van desde leves a moi graves e que oscilan entre os 300 euros das infraccións leves ata os 6.000 das moi graves.

Área de autocaravanas da Galea

O Concello de Miño xa está a traballar para dotar ao municipio dunha área de autocaravanas na zona do aparcamento público da Galea. Optouse por esta localización pola súa boa localización e pola existencia dun aparcadoiro na actualidade.

Neste sentido, Faraldo e o concelleiro de Obras, Francisco Abuín, mantiveron unha reunión con representantes da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) a finais do mes de febreiro. Presentáronlle a iniciativa aos representantes deste colectivo, que mostraron a súa satisfacción coa normativa e coa iniciativa do goberno miñense de impulsar este tipo de turismo itinerante.

Relacionadas

Aberto o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas...

0
O período para a presentación de solicitudes é dun mes. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de...

O pleno acorda aprobar a candidatura da Laracha a obter a distinción de “Cidade...

0
Tamén se aprobou a modificación de crédito necesaria para financiar obras de mellora da accesibilidade no parque empresarial e de instalación da iluminación na...

Brión acollerá este sábado un baile solidario de swing da ONG Harambee para apoiar...

0
Haberá unha Master Class e despois baile libre no centro social polivalente brionés, de 17:00 a 19:00 horas O centro social polivalente de Brión acollerá...

O PP de Culleredo deixa ao alcalde, José Ramón Rioboo, que cumpra o acordo...

0
∙ O compromiso alcanzado en marzo, por unanimidade, pedía que “coa máxima urxencia” se levara a cabo un novo proxecto que recollese todas as...

O presidente da Xunta de Galicia visita o stand da Ría da Estrela en...

0
A Ría da Estrela porá en valor os atractivos da Ría de Muros Noia na Feira Internacional de Galicia con dous stands en Turexpo...

O Pleno aproba a creación da Comisión especial da xestión do ciclo integral da...

0
A sesión plenaria de hoxe contou coa presenza da vicepresidenta de AGAELA, Mª Jesús Seoane O Pleno municipal deu luz verde esta mañá á proposta...

Publicacións Relacionadas