Home A Coruña O goberno local levará ao pleno o convenio con Arteixo para a execución...

O goberno local levará ao pleno o convenio con Arteixo para a execución do proxecto da Esquipa

- Anuncio -

A intervención, valorada en 510.000 euros, será subvencionada nun 50 % pola Xunta de Galicia.

O xoves da semana que vén celebrarase a primeira sesión ordinaria do Pleno do ano 2025, á que serán elevados unha serie de asuntos que nos próximos días se someterán aos correspondentes ditames das Comisións Informativas.

Unha das cuestións de maior relevancia consistirá na proposta de aprobación do convenio co Concello de Arteixo para a execución conxunta da obra que permitirá acometer melloras na rede viaria e crear a rede de saneamento no núcleo da Esquipa, que é limítrofe entre ambos municipios, pertencendo a parte larachesa á parroquia de Lendo.

A Laracha delegará en Arteixo a licitación do proxecto e o procedemento de contratación das obras dado que a maior parte da intervención afectará ao seu territorio. Sen embargo, a totalidade das actuacións beneficiarán á veciñanza de ambos termos municipais por tratarse de intervencións que mellorarán os equipamentos e servizos da Esquipa, facendo ese núcleo de poboación máis accesible, sostible e respectuoso co medio ambiente. Contémplase levar o servizo de saneamento mediante a creación da rede de sumidoiros e dunha estación depuradora de augas residuais. Ademais, vai ser ampliada a plataforma da calzada e mellorada a estrada.

O proxecto está valorado nun total de 510.000 euros e será subvencionado nun 50 % pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local para investimentos de carácter estratéxico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Dado que o 75 % das obras afectan ao termo municipal de Arteixo, tamén se distribuirán os custes a asumir polos Concellos con esas mesmas proporcións, polo que á Laracha lle corresponderá achegar 63.436,75 euros.

Relacionadas

José Pernas, Ricardo Pardo, Diego Gonzélez Rivas e o Deportivo, Medallas de María Pita...

0
A alcaldesa fixo entrega ás persoas e entidades agraciadas dunha medalla por “pertencer ao mellor da coruñesía” A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta...

O Concello presenta a campaña “Compostela con tempo. Santiago con todo” en FITUR 2025

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participarán esta semana en FITUR co obxectivo de pór en valor...

O Concello de Ribeira saca a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14...

0
O Concello de Ribeira saca a poxa pública por un prezo total inicial de 130.105 euros un total de 12 prazas de garaxe e...

Belén do Campo reúnese co alcalde da Laracha para seguir avanzando nas vías de colaboración entre...

0
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse co alcalde...

Ribeira inaugurará o Centro Social de Carreira cunha celebración cultural o 26 de xaneiro

0
O Concello de Ribeira anuncia con satisfacción a inauguración do novo Centro Social de Carreira, un espazo deseñado para satisfacer as necesidades sociais e...

Aberta a inscrición para participar nas ‘X Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

0
Esta décima edición celebrarase do 13 de febreiro ao 9 de marzo Os establecementos de hostalería que desexen participar poden anotarse ata este venres 24 A...

Publicacións Relacionadas